O Supremo mantén na cadea a Arnaldo Otegi, pero rebaixa a pena a seis anos e medio ao non consideralo dirixente dun grupo terrorista.
Fálase
A RAG agradece a "todos os grupos políticos galegos" con representación en Madrid que loitasen para que o seu orzamento fose aumentado polo Estado e fai "unha mención especial para o partido do Goberno e para Núñez Feijóo" pola súa "xestión enérxica e eficaz" diante do Ministerio
O Ibex precipítase por baixo dos 6.800 puntos por primeira vez desde a crise, logo de caer un 3,45%. Mentres, a prima de risco segue disparada.
O Concello de Sarria decide finalmente suspender a polémica elección da "raíña das festas". O seu alcalde, José Antonio García (PP), atribúe a decisión á "intolerancia" de "determinada xente".
Feijóo anuncia que a Axencia Tributaria galega nacerá mañá e di que permitirá recadar un 20% máis sen subir os impostos
O PP asegura que "non hai máis remedio" que axudar a Bankia porque conta con depósitos que equivalen ao 10% do PIB. "Son millóns de impositores os que están alí", di o voceiro popular no Congreso, Alfonso Alonso.
Pachi Vázquez propón a creación dun Instituto de Crédito e Finanzas de Galicia que conceda créditos ás pemes ao 1%. O secretario xeral do PSdeG reclámalle a Feijóo "que deixe de ser o presidente do paro".
A prima de risco española dispárase e xa está por riba dos 450 puntos por mor da incertidume en Grecia tras as eleccións e nos bancos españois logo do anunciado rescate a Bankia.
BBVA empeora as súas previsións de paro e cre agora que a taxa rozará o 25% no vindeiro ano 2013. Malia as cifras, a entidade prevé un impacto "especialmente positivo" da reforma laboral.
A Xunta propón cobrar unha taxa polo uso da rede viaria, segundo informa El País.