O PP asegura que "non hai máis remedio" que axudar a Bankia porque conta con depósitos que equivalen ao 10% do PIB. "Son millóns de impositores os que están alí", di o voceiro popular no Congreso, Alfonso Alonso.
Fálase
Pachi Vázquez propón a creación dun Instituto de Crédito e Finanzas de Galicia que conceda créditos ás pemes ao 1%. O secretario xeral do PSdeG reclámalle a Feijóo "que deixe de ser o presidente do paro".
A prima de risco española dispárase e xa está por riba dos 450 puntos por mor da incertidume en Grecia tras as eleccións e nos bancos españois logo do anunciado rescate a Bankia.
BBVA empeora as súas previsións de paro e cre agora que a taxa rozará o 25% no vindeiro ano 2013. Malia as cifras, a entidade prevé un impacto "especialmente positivo" da reforma laboral.
A Xunta propón cobrar unha taxa polo uso da rede viaria, segundo informa El País.
Case 25.000 dependentes en Galicia teñen recoñecida a súa condición de dependencia, pero non cobran prestación ningunha nin reciben o servizo asignado.
Mariano Rajoy estará hoxe no Porto, no cumio ibérico no que se reunirá con Pedro Passos Coelho, xefe do Goberno portugués. Na xuntanza participarán ademais sete ministros de cada país. A crise ou o transporte por ferrocarril centrarán as conversas.
Os traballadores de Navantia en Ferrol acusan o Partido Popular de darlles as costas. Dende setembro case mil traballadores quedaron sen emprego
The New York Times xa ten máis subscritores na súa edición dixital que na impresa
Carolina do Norte aproba en referendo unha emenda á Constitución para prohibir explicitamente o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. É o trixésimo estado dos Estados Unidos que o fai.