Os PAS da USC protestan diante do Parlamento polos recortes no financiamento das universidades previstos no Orzamentos da Xunta
Os PAS da USC protestan diante do Parlamento polos recortes no financiamento das universidades previstos no Orzamentos da Xunta
Rey Varela carga contra a SEPI e acusa a Navantia de "informar mal" a Montoro. Pide unha reunión urxente coa sociedade estatal para conseguir carga de traballo para os estaleiros da ría de Ferrol.
Os sindicatos anuncian "unha batalla" para evitar o "ERE encuberto" en Traballo. Os plans da consellería prevén o despido de 19 traballadores e a amortización doutras 20 prazas ocupadas por interinos.
Santa Bárbara pechará a Fábrica de Armas da Coruña. A compañía prevé despedir 700 persoas en todo o Estado e o peche da factoría galega este ano.
AGE pide a disolución da corporación municipal de Santiago de Compostela e a celebración de novas eleccións ante as novas detencións no marco da operación Pokemon, entre elas a do edil de Seguridade, Albino Vázquez. Para o deputado Xabier Ron "o escándalo é maiúsculo"
Máis de 15.000 galegos emigraron ao estranxeiro en 2012, segundo un informe de Adecco. Case 400.000 españois marcharon en busca de traballo desde 2008, na súa maioría mozos altamente cualificados.
#consellodaxunta Feijóo di que "o que está a acontecer no Concello de Santiago non é normal". Matiza que é "similar ao que está acontecendo noutras cidades de Galicia" pero sobre iso "non opino", di. Coida que en Compostela ten que haber "explicacións amplas" e "desculpas concretas".
#consellodaxunta Dimite a secretaria xeral da Consellería de Traballo, Cristina Ortiz Dorda. A número dous de Beatriz Mato marcha "por motivos persoais", segundo Feijóo.
#consellodaxunta Feijóo asegura que o seu Goberno impulsará unhas 40 leis nesta lexislatura. Recupéranse promesas como a Lei de Publicidade Institucional e o recorte do Parlamento.
#consellodaxunta A Xunta aproba o Plan de Igualdade 2013-2015. O Goberno galego tiña a obriga legal de facelo, se ben asegura Feijóo que o "imperativo" é tamén "ético".