A dirección do PSdeG insta as agrupacións do partido a "non perder o norte" con liortas internas. Recólleo El País
Fálase
Isaac Díaz Pardo foi homenaxeado este domingo no cemiterio compostelán de Boisaca co gallo do terceiro aniversario do seu facelemento (imaxe de Henrique Alvarellos).
#CharlieHebdo UE e Estados Unidos acordan impoñer novos controis ao desprazamento de persoas entre países e ás comunicacións por internet. Neste contexto, o Goberno de España aposta por recuperar os controis fronteirizos en territorio comunitario.
#CharlieHebdo Xefes de Estado e de goberno avanzan nunha comitiva previa á gran manifestación que se desenvolve esta tarde en París
Milleiros de persoas expresan xa nas rúas de París o seu rexeitamento ao "fanatismo" e a solidariedade coas vítimas do Charlie Hebdo. Le Monde cóntao en directo.
Varias canles francesas ofrecen xa sinal ao vivo da contorna na que, ás 15:00, comezará a "marcha republicana" a prol da liberdade de expresión e en condena do atentado contra a revista Charlie Hebdo
O párroco da parroquia viguesa de Cristo da Vitoria, en Coia, acusa o alcalde de "xerar unha situación de violencia que non existía" coa represión das protestas veciñais contra o gasto de instalar un barco nunha rotonda do barrio. Recólleo Vigo Dixital
Medran as críticas pola asistencia á marcha pola liberdade de expresión en París de dirixentes de Estados que violan este e outros dereitos.
Podemos sería a primeira forza nunhas xerais segundo a enquisa de Metroscopia que hoxe publica El País, segundo a cal o PSOE sería a segunda forza política e o PP, a terceira. O inquérito salienta tamén o ascenso de Ciudadanos.
Tripla vitoria do baloncesto galego: O Obradoiro gañoulle ao Andorra por 78-70 en Sar, o Ourense pasoulle por riba ao Melilla por 80-56 e o Breogán impúxose ao Oviedo por 88-78