Tripla vitoria do baloncesto galego: O Obradoiro gañoulle ao Andorra por 78-70 en Sar, o Ourense pasoulle por riba ao Melilla por 80-56 e o Breogán impúxose ao Oviedo por 88-78
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/54b23cf962874-b7bct-nimaajz6h.jpg)
Tripla vitoria do baloncesto galego: O Obradoiro gañoulle ao Andorra por 78-70 en Sar, o Ourense pasoulle por riba ao Melilla por 80-56 e o Breogán impúxose ao Oviedo por 88-78
Pilar Rojo asegura que "quedaría máis tranquila" se a reforma da lei de eleccións para recortar o Parlamento que Feijóo mantén agora conxelada se produce por "acordo". Afírmao nunha entrevista en La Voz
A ultradereitista Fronte Nacional tenta capitalizar a crise aberta tras o ataque á revista Charlie Hebdo. Unha análise de Paula Rosas dende París para El Diario
Milleiros de persoas secundan en Bilbao a convocatoria do movemento cidadán Sare para reclamar un cambio na política penitenciaria e a fin de medidas como a dispersión de persoas encarceradas.
Vence reivindica a "vixencia do pensamento de Castelao" nunha "Galiza acosada polo centralismo e a propaganda do PP". Fíxoo na homenaxe celebrada polo BNG este sábado en Rianxo, no que formulou a vontade do Bloque para "liderar a derrota" dos populares no "ciclo electoral" que se abre coas municipais.
Anova decidirá as "fórmulas prioritarias" para participar nas eleccións municipais nunha conferencia política o vindeiro día 24 en Vigo, segundo vén de aprobar a súa Coordinadora Nacional
Doentes de Hepatite C de todo o Estado maniféstanse esta mañá en Madrid para esixir que o Goberno de España lles proporcione o novo medicamento que pode salvar as súas vidas. Este venres formularon a mesma reivindicación no Parlamento galego.
O BNG celebra esta mañá en Rianxo a súa homenaxe a Castelao, cadrando desta volta co sexaxésimo quinto aniversario da súa morte.
Se sufro un accidente, quen se fai cargo do animal que me acompaña? É a pregunta que tentan responder en El caballo de Nietzsche, o blog de Eldiario.es sobre os dereitos dos animais.