Anova decidirá as "fórmulas prioritarias" para participar nas eleccións municipais nunha conferencia política o vindeiro día 24 en Vigo, segundo vén de aprobar a súa Coordinadora Nacional
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/54b11583475d4-b6-y4-uimaay7qe.jpg)
Anova decidirá as "fórmulas prioritarias" para participar nas eleccións municipais nunha conferencia política o vindeiro día 24 en Vigo, segundo vén de aprobar a súa Coordinadora Nacional
Doentes de Hepatite C de todo o Estado maniféstanse esta mañá en Madrid para esixir que o Goberno de España lles proporcione o novo medicamento que pode salvar as súas vidas. Este venres formularon a mesma reivindicación no Parlamento galego.
O BNG celebra esta mañá en Rianxo a súa homenaxe a Castelao, cadrando desta volta co sexaxésimo quinto aniversario da súa morte.
Se sufro un accidente, quen se fai cargo do animal que me acompaña? É a pregunta que tentan responder en El caballo de Nietzsche, o blog de Eldiario.es sobre os dereitos dos animais.
Desarticulada a rede de venda ilegal de fármacos liderada por un coruñés que empregaba para os seus fins unha corentena de empresas pantalla. Cóntao Faro de Vigo
Louzán nomea tesoureiro da Federación Galega de Fútbol ao seu xefe de gabinete na Deputación de Pontevedra. Cóntao El País
Varios integrantes da plataforma galega de afectados pola hepatite C demandaron este venres dende o Parlamento acceso a través do sistema sanitario público ao novo tratamento que pode salvar as súas vidas e que lles é negado polo seu elevado prezo
Diversos medios dan por mortos os supostos autores do atentado contra a revista Charlie Hebdo, que permanecían atrincheirados nunha imprenta, e mais ao asaltante dun supermercado de produtos xudeus.
A Policía francesa asalta a imprenta e o supermercado no que presuntos terroristas, entre eles os supostos autores do masacre do Charlie Hebdo, permanecían atrincheirados con reféns. Está a contalo El Diario
O Play-Doc, que se celebrará en Tui do 22 ao 26 de abril, comeza a quentar motores e anticipa unha nova sección, Resonancias, un espazo no que convidará tres críticos españois a programar filmes e debatelos co público no propio festival. Vén de abrir a convocatoria, cuxas bases se poden consultar na súa web.