A Policía francesa asalta a imprenta e o supermercado no que presuntos terroristas, entre eles os supostos autores do masacre do Charlie Hebdo, permanecían atrincheirados con reféns. Está a contalo El Diario
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/54aff87a878ea-policias-desplegados-cercana-supermercado-kosher_ediima20150109_0364_13.jpg)
A Policía francesa asalta a imprenta e o supermercado no que presuntos terroristas, entre eles os supostos autores do masacre do Charlie Hebdo, permanecían atrincheirados con reféns. Está a contalo El Diario
O Play-Doc, que se celebrará en Tui do 22 ao 26 de abril, comeza a quentar motores e anticipa unha nova sección, Resonancias, un espazo no que convidará tres críticos españois a programar filmes e debatelos co público no propio festival. Vén de abrir a convocatoria, cuxas bases se poden consultar na súa web.
O Observatorio Astronómico da USC destaca que nesta fin de semana haberá condicións meteorolóxica favorables para observar en Galicia o Lovejoy, tamén coñecido como cometa verde, que se poderá ver coa axuda duns prismáticos ou un pequeno telescopio
Un novo ataque de Boko Haram provoca centos de mortos no norte de Nixeria
A praia das Catedrais admitirá un máximo de 4.967 visitantes diarios. Así figura no anteproxecto do decreto do plan de conservación deste monumento natural situado en Ribadeo, e que foi aprobado este xoves no Consello da Xunta. Nos últimos veráns o espazo sufriu situacións de colapso que ameazaban ademais a súa integridade.
Os dous sospeitosos do atentado contra a revista Charlie Hebdo atrinchéiranse nunha imprenta tras un tiroteo no que, segundo medios franceses, foron feridas unha vintena de persoas
TVE inclúe no seu programa Ochéntame otra vez o testemuño do ex secretario de Estado Rafael Vera, condenado pola súa ligazón cos GAL. O antigo alto cargo defendeu na canle pública a "utilidade" da coñecida como "guerra sucia" contra ETA.
O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, convida a lle facer preguntas no seu Facebook a partir das 12:30 desta mañá
O delito de blasfemia segue no Código Penal español mentres diversas autoridades defenden a liberdade de expresión tras o atentado contra a publicación francesa Charlie Hebdo. Cóntao El Diario
Feijóo defende que xaneiro se manteña como mes inhábil no Parlamento fronte á petición de AGE e BNG de celebrar actividade ordinaria na Cámara durante este mes. Recólleo Faro de Vigo