A praia das Catedrais admitirá un máximo de 4.967 visitantes diarios. Así figura no anteproxecto do decreto do plan de conservación deste monumento natural situado en Ribadeo, e que foi aprobado este xoves no Consello da Xunta. Nos últimos veráns o espazo sufriu situacións de colapso que ameazaban ademais a súa integridade.
Fálase
Os dous sospeitosos do atentado contra a revista Charlie Hebdo atrinchéiranse nunha imprenta tras un tiroteo no que, segundo medios franceses, foron feridas unha vintena de persoas
TVE inclúe no seu programa Ochéntame otra vez o testemuño do ex secretario de Estado Rafael Vera, condenado pola súa ligazón cos GAL. O antigo alto cargo defendeu na canle pública a "utilidade" da coñecida como "guerra sucia" contra ETA.
O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, convida a lle facer preguntas no seu Facebook a partir das 12:30 desta mañá
O delito de blasfemia segue no Código Penal español mentres diversas autoridades defenden a liberdade de expresión tras o atentado contra a publicación francesa Charlie Hebdo. Cóntao El Diario
Feijóo defende que xaneiro se manteña como mes inhábil no Parlamento fronte á petición de AGE e BNG de celebrar actividade ordinaria na Cámara durante este mes. Recólleo Faro de Vigo
Podemos sería a primeira forza política no Congreso e Pablo Iglesias é o preferido pola poboación do Estado para ser presidente do Goberno central, seguido polo socialista Pedro Sánchez. Son os resultados do Observatorio que vén de publicar a Cadena SER. Ás 12 desta mañá Praza publica unha nova edición d'O Mirante, o panorama electoral da Asociación de Medios en Galego.
O TSJC ve indicios de desobediencia en Mas por non acatar a suspensión do 9N. O alto tribunal razona a decisión tomada o pasado decembro de admitir a trámite as querelas e denuncias pola consulta.
O humorista Facu Díaz informa de que vén de ser imputado pola Audiencia Nacional por mor dun vídeo satírico no que, dentro do espazo La Tuerka, parodiaba unha suposta disolución do PP.
Catro anos de cadea para Alfon, mozo ao que a Audiencia Provincial de Madrid acusa de portar explosivos na folga do 14N, algo que nega e que atribúe a unha montaxe policial.