Vence reivindica a "vixencia do pensamento de Castelao" nunha "Galiza acosada polo centralismo e a propaganda do PP". Fíxoo na homenaxe celebrada polo BNG este sábado en Rianxo, no que formulou a vontade do Bloque para "liderar a derrota" dos populares no "ciclo electoral" que se abre coas municipais.
