Milleiros de persoas secundan en Bilbao a convocatoria do movemento cidadán Sare para reclamar un cambio na política penitenciaria e a fin de medidas como a dispersión de persoas encarceradas.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/54b15eaf578c8-b7aymx4iqaao6zi.jpg)
Milleiros de persoas secundan en Bilbao a convocatoria do movemento cidadán Sare para reclamar un cambio na política penitenciaria e a fin de medidas como a dispersión de persoas encarceradas.
Vence reivindica a "vixencia do pensamento de Castelao" nunha "Galiza acosada polo centralismo e a propaganda do PP". Fíxoo na homenaxe celebrada polo BNG este sábado en Rianxo, no que formulou a vontade do Bloque para "liderar a derrota" dos populares no "ciclo electoral" que se abre coas municipais.
Anova decidirá as "fórmulas prioritarias" para participar nas eleccións municipais nunha conferencia política o vindeiro día 24 en Vigo, segundo vén de aprobar a súa Coordinadora Nacional
Doentes de Hepatite C de todo o Estado maniféstanse esta mañá en Madrid para esixir que o Goberno de España lles proporcione o novo medicamento que pode salvar as súas vidas. Este venres formularon a mesma reivindicación no Parlamento galego.
O BNG celebra esta mañá en Rianxo a súa homenaxe a Castelao, cadrando desta volta co sexaxésimo quinto aniversario da súa morte.
Se sufro un accidente, quen se fai cargo do animal que me acompaña? É a pregunta que tentan responder en El caballo de Nietzsche, o blog de Eldiario.es sobre os dereitos dos animais.
Desarticulada a rede de venda ilegal de fármacos liderada por un coruñés que empregaba para os seus fins unha corentena de empresas pantalla. Cóntao Faro de Vigo
Louzán nomea tesoureiro da Federación Galega de Fútbol ao seu xefe de gabinete na Deputación de Pontevedra. Cóntao El País
Varios integrantes da plataforma galega de afectados pola hepatite C demandaron este venres dende o Parlamento acceso a través do sistema sanitario público ao novo tratamento que pode salvar as súas vidas e que lles é negado polo seu elevado prezo
Diversos medios dan por mortos os supostos autores do atentado contra a revista Charlie Hebdo, que permanecían atrincheirados nunha imprenta, e mais ao asaltante dun supermercado de produtos xudeus.