O presidente do Celta, Carlos Mouriño, apunta ante a Xunta de Accionistas a opción de construír outro estadio en Vigo por 50 millóns de euros, ante a posibilidade de que o Concello non lle venda Balaídos.
Fálase
España é o segundo país da UE con máis policías por habitante a pesar de ter unha baixa taxa de criminalidade. Duplica, por exemplo, o número de axentes por habitante de Alemaña ou Reino Unido
O PP busca o apoio de Ciudadanos para impedir a suba das pensións nun 1,2% pedida pola oposición ao completo. A Mesa do Congreso debate este martes este e outros vetos do Goberno a medidas aprobadas polo poder lexislativo.
A detención de tres persoas acusadas de queimar fotografías de Felipe VI provocou manifestacións nas principais cidades e vilas de Cataluña, onde se repetiron as mesmas accións. Deputadas da CUP, que pediron a dimisión do conseller de Interior, racharon fotos do monarca no Parlament
O presidente da federación madrileña do PSOE e alcalde de Fuenlabrada, Manolo Robles, apadriña un acto no que 400 militantes do partido criticaron a xestora da formación e reclamaron a convocatoria inminente dun congreso
O Estado rescatará as oito autoestradas quebradas por ata 5.000 millóns. Así o ratificou este luns o ministro de Fomento, nunha entrevista en TVE, ao ser cuestionado por estas vías, seis delas en Madrid, e outras dúas en Alacant e Murcia. Faino unha semana despois de certificar a negativa ao traspaso da AP-9 a Galicia, que o Goberno central rexeita pola posibilidade dun eventual rescate.
Un accidente entre dous camións en Guísamo colapsou a AP-9 a primeira hora desta mañá na zona e provocou enormes ringleiras tamén na N-550.
A promotora de En Comú, liderada por Xavier Domènech, celebrou a súa primeira xuntanza, nun proceso que culminará en marzo. Busca mellorar a súa implantación territorial en Catalunya para ser a alternativa ao centro dereita catalán.
As sentenzas do TSXG e o Supremo obrigan a Facenda a deixar de aplicar o Imposto de Transmisións Patrimoniais ao sector eólico
O avogado de José Manuel Baltar recusa á xuíza do caso que investiga se o presidente da Deputación de Ourense ofreceu un emprego a cambio de sexo. A Defensa ve "parcialidade", "animosidade" e inimizade" na maxistrada e sinala "contaminación partidista e mediática" na súa actuación. A Audiencia Provincial será a encargada de estudar este trámite de recusación.