O Ministerio de Emprego informará por carta os maiores de 50 anos sobre a estimación da contía da súa pensión para que "tomen as súas propias decisións". Publico analiza moi criticamente a medida e sinala que busca "meter o medo no corpo" aos traballadores para fomentar os plans privados de xubilación.
Fálase
Un ruxe-ruxe cada vez máis estendido polas redes comeza a falar de que Microsoft podería presentar en abril o seu novo sistema operativo Windows9, que substituiría o moi criticado Windows8
Feijóo acusa o PSOE de ser "responsable político da situación que viven millóns de cidadáns sen traballo". O presidente da Xunta culpa a Zapatero de "liderar o peor goberno da democracia" e xustifica os recortes nos "precipicios" provocados polo socialismo nunha entrevista en Onda Cero.
Os hospitais públicos galegos ofrecen menos opcións para abortar con Feijóo no Goberno. Desde 2010, na Coruña todos os médicos se declararon obxectores e en Ourense só se practican ata as 14 semanas.
O PSC expulsará os deputados que non voten contra a consulta no Parlamento este xoves. Os críticos pretenden optar pola abstención.
O Lugo perdeu (2-0) ante o Mirandés malia merecer mellor resultado. O equipo lucense achégase aos postos de descenso logo dunha xeira negativa.
O alcalde de Monterrei cede a presidencia do PP local ao seu fillo, tal e como fixera Baltar a nivel provincial. O seu sucesor é concelleiro e xefe de persoal na Deputación de Ourense.
As plataformas de afectados polas preferentes e subordinadas celebrarán este luns, ás oito da tarde, no restaurante A Nave de Vidán de Compostela, unha asemblea informativa aberta. Analizarán a situación tras venda de Novagalicia Banco a Banesco.
Un programa informático manipulaba en Caja Madrid o perfil dos clientes para venderlles preferentes. Adxudicaba un perfil investidor “moderado” a clientes conservadores que querían só renda fixa e primaban seguridade sobre rendibilidade
O 13 de xaneiro de 1998 o Discoverer Entrerprise, rotas as súas amarras por mor do vento, bateu contra a Ponte das Pías que une Fene e Ferrol, partíndoa en dous