O Lugo perdeu (2-0) ante o Mirandés malia merecer mellor resultado. O equipo lucense achégase aos postos de descenso logo dunha xeira negativa.
Fálase
O alcalde de Monterrei cede a presidencia do PP local ao seu fillo, tal e como fixera Baltar a nivel provincial. O seu sucesor é concelleiro e xefe de persoal na Deputación de Ourense.
As plataformas de afectados polas preferentes e subordinadas celebrarán este luns, ás oito da tarde, no restaurante A Nave de Vidán de Compostela, unha asemblea informativa aberta. Analizarán a situación tras venda de Novagalicia Banco a Banesco.
Un programa informático manipulaba en Caja Madrid o perfil dos clientes para venderlles preferentes. Adxudicaba un perfil investidor “moderado” a clientes conservadores que querían só renda fixa e primaban seguridade sobre rendibilidade
O 13 de xaneiro de 1998 o Discoverer Entrerprise, rotas as súas amarras por mor do vento, bateu contra a Ponte das Pías que une Fene e Ferrol, partíndoa en dous
Diario de Ferrol entrevista Xesús Anxo López Pintos, secretario comarcal da CIG, que vén de cumprir catro domingos de arresto domiciliario pola súa actuación nun hipermercado durante a folga do 12X. Afirma que “só hai que ter medo a perder a dignidade”
Ao redor de 200 veciños e veciñas do barrio de Gamonal, en Burgos, concéntranse na rúa para evitar que comecen as obras
Resultados. Terceira División.
Laracha 0 - 0 Betanzos
Dorneda 0 - 1 Ordes
Grixoa 1 - 0 Barbadás
R. Vilalbés 0 - 0 Pontevedra
Bertamiráns 0 - 2 Alondras
Choco 1 - 1 Negreira
Cerceda 1 - 0 As Pontes
C. Areas 5 - 1 Fabril
Arousa 0 - 0 Rápido
Somozas 2 - 3 BoiroFútbol. Segunda B. O Compostela perdeu 2-1 ante o Coruxo e Celta B e Ourense empataron sen goles en Barreiro. O Racing de Ferrol empatou tamén (2-2) ante o Logroñés. Ferroláns e vermellos mantéñense en postos de promoción de ascenso.
A Xunta decreta a alerta laranxa na costa das provincias da Coruña e Lugo para mañá luns.