Resultados. Terceira División.
Laracha 0 - 0 Betanzos
Dorneda 0 - 1 Ordes
Grixoa 1 - 0 Barbadás
R. Vilalbés 0 - 0 Pontevedra
Bertamiráns 0 - 2 Alondras
Choco 1 - 1 Negreira
Cerceda 1 - 0 As Pontes
C. Areas 5 - 1 Fabril
Arousa 0 - 0 Rápido
Somozas 2 - 3 Boiro
Fálase
Fútbol. Segunda B. O Compostela perdeu 2-1 ante o Coruxo e Celta B e Ourense empataron sen goles en Barreiro. O Racing de Ferrol empatou tamén (2-2) ante o Logroñés. Ferroláns e vermellos mantéñense en postos de promoción de ascenso.
A Xunta decreta a alerta laranxa na costa das provincias da Coruña e Lugo para mañá luns.
O Goberno insiste en que a curva de Angrois estaba no deseño inicial e que ninguén fixo alegacións. Así o sinala en varias respostas a preguntas de BNG e Izquierda Plural no Congreso.
GzVideos súmase ás conmemoracións do 64º cabodano de Castelao cun especial audiovisual con numeroso material histórico e documentais nos que se pode oír a voz do político galego e ver o filme que sobre a súa vida realizaron Jorge Prelorán e Manuel Ferrol.
Rajoy evitará tratar con Obama o asasinato de José Couso, malia que o xuíz Pedraz trasladou ao Goberno a súa queixa pola falta de colaboración dos EUA na investigación.
Segunda noite de graves disturbios en Burgos con incendios de caixeiros e colectores e varias cargas policiais.
O Obradoiro volve perder, desta vez na casa do Cajasol (80-71), e suma a súa cuarta derrota consecutiva. Na LEB Ouro, o Breogán vence o Barcelona (70-65), o Básquet Coruña cae en Logroño (80-58) e o COB Ourense perde a última hora contra o Burgos (74-75).
A reestruturación financeira deixa Galicia sen 650 oficinas. O país perdeu unha cuarta parte da rede comercial das entidades desde 2008, especialmente nas provincias de Ourense e Pontevedra.
O PSOE gañaría as eleccións xerais, segundo unha enquisa que publica El País. Superaría en 1,5 puntos o PP, mentres que IU e UPyD manteñen o seu ascenso. O 80% da poboación rexeitaría a reforma da lei do aborto, segundo os mesmos datos.