A Xunta decreta a alerta laranxa na costa das provincias da Coruña e Lugo para mañá luns.
Fálase
O Goberno insiste en que a curva de Angrois estaba no deseño inicial e que ninguén fixo alegacións. Así o sinala en varias respostas a preguntas de BNG e Izquierda Plural no Congreso.
GzVideos súmase ás conmemoracións do 64º cabodano de Castelao cun especial audiovisual con numeroso material histórico e documentais nos que se pode oír a voz do político galego e ver o filme que sobre a súa vida realizaron Jorge Prelorán e Manuel Ferrol.
Rajoy evitará tratar con Obama o asasinato de José Couso, malia que o xuíz Pedraz trasladou ao Goberno a súa queixa pola falta de colaboración dos EUA na investigación.
Segunda noite de graves disturbios en Burgos con incendios de caixeiros e colectores e varias cargas policiais.
O Obradoiro volve perder, desta vez na casa do Cajasol (80-71), e suma a súa cuarta derrota consecutiva. Na LEB Ouro, o Breogán vence o Barcelona (70-65), o Básquet Coruña cae en Logroño (80-58) e o COB Ourense perde a última hora contra o Burgos (74-75).
A reestruturación financeira deixa Galicia sen 650 oficinas. O país perdeu unha cuarta parte da rede comercial das entidades desde 2008, especialmente nas provincias de Ourense e Pontevedra.
O PSOE gañaría as eleccións xerais, segundo unha enquisa que publica El País. Superaría en 1,5 puntos o PP, mentres que IU e UPyD manteñen o seu ascenso. O 80% da poboación rexeitaría a reforma da lei do aborto, segundo os mesmos datos.
O Celta remonta e gaña 2-1 ao Valencia en Balaídos con dous tantos de Charles. O Deportivo non pasa do empate ante o Girona (0-0) pero acaba a primeira volta como campión de inverno en Segunda.
Masiva manifestación en Bilbao con máis de 100.000 persoas que claman por consolidar a paz en Euskadi. A marcha supón unha unidade de acción sen precedentes desde o pacto de Lizarra.