Posibles combinacións que sumarían a maioría absoluta en Cataluña, segundo a enquisa de TV3:
CiU + PP = 70 - 75
CiU + ERC = 74 - 80
CiU + PSC = 70 - 75
CiU + ICV = 64 - 69
ERC + PSC + PP + ICV + CUP = 67 - 77
Fálase
CiU afástase da maioría absoluta, pero o independentismo medra da man de ERC e as CUP, segundo as primeiras enquisas das eleccións catalás. CiU baixaría ata entre os 54 e 57 escanos, mentres que Esquerra podería dobrar os seus apoios e CUP entrar no Parlament con entre 5 e 6 escanos.
O Coruxo volve gañar na casa (2-0 ao Avilés) e o Ourense vence o Rayo B en Madrid (0-2) noutra xornada da Segunda División B.
O Deportivo saca un sufrido empate en San Mamés ante o Athletic (1-1). Os galegos fixeron un mal primeiro tempo, pero melloraron no segundo, onde marcou Abel Aguilar.
O BNG e afectados polas preferentes presentarán unha denuncia na Eurocámara. Viaxarán vinte representantes das plataformas de afectados en toda Galicia.
A participación nas eleccións catalás é do 56% ás 18 horas, oito puntos por riba da de 2010.
O Obradoiro cae pola mínima (76-78) nun igualado partido ante o Gran Canaria. No derbi do sábado na LEB, o Breogán gañoulle ao COB Ourense.
O 29,31% dos cataláns xa votaron ata as 13 horas, 4,5 puntos máis que hai dous anos.
Touriño asegura que o líder do PSdeG debe "aparecer desde abaixo" e non "dun apaño desde arriba", e amósase disposto a comparecer na comisión das caixas, segundo asegura nunha entrevista ao Faro de Vigo.
Novo veto a bandeiras nacionalistas galegas no partido do Obradoiro. Varios afeccionados denuncian a Praza que lles foi retirada unha estreleira da bancada no Sar durante o partido desta mañá, como xa ocorrera noutro encontro. Máis información, esta tarde en Praza.