Praza non se actualizará este 25 de Nadal por descanso da redacción. Volvemos o martes 26. Pero tedes moreas de novas, reportaxes e entrevistas para ler na nosa portada!

Praza non se actualizará este 25 de Nadal por descanso da redacción. Volvemos o martes 26. Pero tedes moreas de novas, reportaxes e entrevistas para ler na nosa portada!
Os e as maiores galegas son as segundas que máis pagan en España pola axuda a domicilio. Achegan 157 euros, o 45% do custo total o servizo, duplicando a media de todo o Estado. En Galicia hai 120.000 persoas anciás que viven soas.
O reconto do voto exterior das eleccións ao Parlamento de Cataluña dálle ao PP un escano máis (fica con 4) a custa de Ciudadanos (queda en 36).
La Opinión entrevista Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, que destaca que "o único problema que ten o PP con que Proxecto Cárcere leve a xestión da antiga prisión provincial é que non se lle deu o equipamento a algún construtor amigo deles para que se forrase"
Ciudadanos e PSOE apoiarán a Rajoy se hai que reactivar o artigo 155 en Cataluña, destaca El Mundo na súa portada. El Periódico destaca que "Rajoy ratifícase na vía penal a pesar do revés do 21D"
O éxito do independentismo nas eleccións fai máis difícil que o rei Felipe VI repita esta noite a dureza do seu discurso do 3 de outubro. TV3 non emitirá por segundo ano consecutivo a intervención do monarca pola súa primeira canle
O Celta leva o derbi galego cunha contundente vitoria (1-3) en Riazor. Wass (3') e Aspas (39' e 53') marcaron para os celestes e Andone (59') recurtou distancias para o Deportivo. O Celta chega aos 21 puntos, mentres que o Dépor fica con 15, en postos de descenso.
O 18,8% dos galegos e galegas en situación de dependencia seguen sen recibir atención, segundo os datos do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade
Os xulgados de Cangas investigan a morte dun traballador producida nas obras da Ponte de Rande na AP9 e agardan un informe da Fiscalía
O PP denuncia a ABC ante a Xunta Electoral Central pola publicación dunha entrevista a Inés Arrimadas na xornada de reflexión das eleccións catalás. A pena podería ir dende unha multa ata responsabilidades penais para o director da cabeceira, Bieito Rubido. O xornal cre que a denuncia se debe aos "nervios" no Partido Popular tralos seus nefastos resultados do xoves.