Os xulgados de Cangas investigan a morte dun traballador producida nas obras da Ponte de Rande na AP9 e agardan un informe da Fiscalía
Fálase
O PP denuncia a ABC ante a Xunta Electoral Central pola publicación dunha entrevista a Inés Arrimadas na xornada de reflexión das eleccións catalás. A pena podería ir dende unha multa ata responsabilidades penais para o director da cabeceira, Bieito Rubido. O xornal cre que a denuncia se debe aos "nervios" no Partido Popular tralos seus nefastos resultados do xoves.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, ocupa dende onte a presidencia do PSOE na provincia. Mar Iglesias, de Guitiriz, é a nova secretaria de Organización da formación, que este venres celebrou o seu terceiro congreso lucense. O encontro serviu tamén para confirmar a Álvaro Santos como secretario provincial, trala súa vitoria nas primarias celebradas hai unhas semanas.
Puigdemont planea quedar indefinidamente en Bélxica e buscar fórmulas de delegar a presidencia, destaca eldiario.es na súa portada, na que sinala que o president cesado tentará primeiro un acordo con Rajoy para volver ser investido evitando entrar en prisión a cambio de renunciar á vía unilateral
Ás 18.30 comezará en Riazor o Dépor-Celta. Celebramos #ONosoDerbi pedíndolles á celtista Carmen Méndez e ao deportivista Xosé A. Touriñán que nos digan como viven este día. Ademais, imos quentando motores lembrando os 12 mellores derbis da historia e tamén unha ducia de xogadores que vestiron as cores dos dous equipos. E, ademais, viaxamos ata Vilalba (onte noticia polo Gordo), onde están as sedes das dúas peñas máis antigas de celestes e branquiazuis. Podes ver aquí o vídeo que gravamos con eles hai uns anos.
A Deputación da Coruña tamén aproba unha moción contra a mina de Touro cos votos favorables do BNG, Marea Altlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños e a abstención de PSOE e PP.
O Concello de Santiago tamén rexeita o proxecto para a megamina en Touro. A moción presentada polo BNG foi apoiada polo PSOE e Compostela Aberta, quedando aprobada coa abstención do PP.
O Constitucional anula a indemnización de 1.350 millóns de euros a ACS e os seus socios polo frustrado almacén de gas Castor. O tribunal considera que non concorría unha “situación de extraordinaria e urxente necesidade” que xustificase aprobar un decreto lei para “atribuír novas obrigas de pago ao sistema gasista”.
ÚLTIMA HORA | O Gordo da Lotaría de Nadal cae en Vilalba. O 71.198, dotado con 400.000 euros ao décimo, foi vendido en gran parte na administración da céntrica rúa da Pravia. Aquí ampliamos a información.
Anna Gabriel, Marta Rovira, Artur Mas ou Miria Boya, imputados polo Supremo na causa por rebelión. A Garda Civil responsabilízaos de "deseñar, orientar dirixir e controlar" os plans para crear "un Estado soberano".