A Deputación da Coruña tamén aproba unha moción contra a mina de Touro cos votos favorables do BNG, Marea Altlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños e a abstención de PSOE e PP.

A Deputación da Coruña tamén aproba unha moción contra a mina de Touro cos votos favorables do BNG, Marea Altlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños e a abstención de PSOE e PP.
O Concello de Santiago tamén rexeita o proxecto para a megamina en Touro. A moción presentada polo BNG foi apoiada polo PSOE e Compostela Aberta, quedando aprobada coa abstención do PP.
O Constitucional anula a indemnización de 1.350 millóns de euros a ACS e os seus socios polo frustrado almacén de gas Castor. O tribunal considera que non concorría unha “situación de extraordinaria e urxente necesidade” que xustificase aprobar un decreto lei para “atribuír novas obrigas de pago ao sistema gasista”.
ÚLTIMA HORA | O Gordo da Lotaría de Nadal cae en Vilalba. O 71.198, dotado con 400.000 euros ao décimo, foi vendido en gran parte na administración da céntrica rúa da Pravia. Aquí ampliamos a información.
Anna Gabriel, Marta Rovira, Artur Mas ou Miria Boya, imputados polo Supremo na causa por rebelión. A Garda Civil responsabilízaos de "deseñar, orientar dirixir e controlar" os plans para crear "un Estado soberano".
O Supremo imputa a Marta Rovira e Mas na causa por rebelión. A xuíza Llarena aumenta os investigados na causa co informe da Garda Civil.
Xa está en marcha a Lotaría de Nadal. Podes seguir en directo a súa retransmisión e os principais premios neste enlace.
A CIG denuncia as baixas temperaturas no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, de ata 14 graos no interior das oficinas, que obriga os traballadores e traballadoras a usar radiadores. A temperatura mínima para centros de traballo fixado pola normativa sitúase nos 17 graos.
A Asemblea de Nacións Unidas respalda maioritariamente unha resolución que insta a Estados Unidos a retirar o seu recoñecemento de Xerusalén como capital de Israel. A iniciativa contou con 128 votos a favor 9 en contra e 35 abstencións.
ENQUISA | Ciudadanos sería a primeira forza en Catalunya e o bloque soberanista acadaría a maioría absoluta. É a estimación que ofrece a enquisa realizada por GAD3 para La Vanguardia, difundida ao peche dos colexios electorais cataláns.