A Asemblea de Nacións Unidas respalda maioritariamente unha resolución que insta a Estados Unidos a retirar o seu recoñecemento de Xerusalén como capital de Israel. A iniciativa contou con 128 votos a favor 9 en contra e 35 abstencións.
Fálase
ENQUISA | Ciudadanos sería a primeira forza en Catalunya e o bloque soberanista acadaría a maioría absoluta. É a estimación que ofrece a enquisa realizada por GAD3 para La Vanguardia, difundida ao peche dos colexios electorais cataláns.
Guardiola aparece no informe da Garda Civil que investiga por rebelión o cesado Govern catalá. O texto enviado ao Tribunal Supremo aclara que o adestrador do Manchester City leu un manifesto nun acto en defensa do referendo.
O derrubamento do edificio Odriozola de Vigo, no que morreu unha muller, sáldase tras 18 anos cunha indemnización na vía civil de algo máis de medio millón para as dúas familias afectadas despois de que a Xustiza non vise responsabilidade penal.
A Igrexa será fiscalizada polo Tribunal de Cuentas por primeira vez en 2018. A auditoría poderá atinxir calquera fonte de ingresos da institución católica e tamén das demais confesións relixiosas. Cóntao eldiario.es
O pleno da Deputación de Lugo aproba os orzamentos de 2018 cos votos a prol de PSdeG e BNG. As novas contas ascenden a 83,7 millóns de euros. O presidente da institución, o socialista Darío Campos, lamenta que o PP se desmarcase do proxecto -abstívose- e optase por "non defender os lucenses", igual que "non o fan nas administracións que gobernan, como a Xunta e o Goberno central".
A participación nas eleccións catalás é semellante á de 2015 a esta hora. Sítúase no 34,62% do censo fronte ao 35,1% que votara a esta hora hai dous anos, co 45% das mesas contabilizadas.
Longas ringleiras en Catalunya para votar a primeira hora. A coincidencia da xornada cun día laborable provoca que milleiros de persoas queiran participar ao abrirse os colexios. Os cataláns deciden o camiño a seguir nos seus comicios máis excepcionais.
Rajoy advirte os "futuros gobernantes" de Catalunya de que "xa saben o que é o 155". Afirmouno a pasada noite durante unha cea de Nadal do PP de Madrid
En Marea esixe unha "actuación inmediata" da Xunta e do Estado para preservar o patrimonio do Centro Galego de Bos Aires antes da súa venda ao grupo Ribera Salud. A formación propón "negociar con Arxentina a compravenda daquelas obras indispensables para a transmisión do patrimonio cultural de Galicia".