Xa se pode descargar o número 0 da revista dixital de literatura infantil e xuvenil Criaturas, que foi presentada esta fn de semana no Culturgal.
Fálase
La Opinión analiza a situación de Alcoa. Crece o sospeita política e sindical de que a compañía usa como excusa o gasto enerxético para pechala
Henrique Monteagudo, secretario da RAG, advirte de que "o futuro do galego estásenos indo das mans". E alerta de que se o número de falantes cae por debaixo do 25% "será difícil de recuperar".
Os Riazor Blues concéntranse para anunciar a súa intención de continuar coa súa actividade. Nun manifesto acusan o consello de administración do Deportivo de "acoso".
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra presentou no Culturgal o cartaz da súa 16ª edición, que se celebrará no 27 de febreiro ao 28 de marzo e que estará dedicada á ciencia ficción.
A Garda Civil admite que lanzou pelotas de goma en Ceuta o pasado 6 de febreiro cando os inmigrantes se agrupaban na auga, revela El Diario nunha exclusiva. Ese día 15 persoas morreron afogadas.
CCOO denuncia que o SERGAS contrata menos da metade de persoal que hai tres anos e que, ademais, moitas das contración son "precarias". O sindicato pide o cese da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera.
A Organización Internacional do Traballo denuncia que España é o país desenvolvido no que máis creceu a desigualdade salarial no últimos anos. Sinala que os soldos son máis baixos que en 2007 e que a crise foi soportada sobre todo polas clases populares, a diferenza de Portugal ou Grecia, onde afectou máis ás clases medias.
O colectivo de hackers La 9 de Anonymous acusa o Concello da Coruña de non ter correctamente protexidos os datos privados dos veciños e veciñas. O grupo reivindicou o ataque que a web municipal sufriu hai uns días, que anticipara con mensaxes en twitter coma "estamos pensando en desafiuzarlle algo ao Concello da Coruña para que experimenten o que se sente ao entrar na súa casa", coa etiqueta #DespexoOfimatico.
O Consello Cidadán de Podemos descarta un apoio xeneralizado a todas as listas cidadás e decide estudalas unha a unha