O Consello Cidadán de Podemos descarta un apoio xeneralizado a todas as listas cidadás e decide estudalas unha a unha
Fálase
La Vanguardia e La Voz de Galicia publican senllas enquisas sobre a necesidade dunha reforma da Constitución. Tres de cada catro cataláns queren cambiar o texto constitucional, o mesmo que Dous de cada tres galegos. En Galicia o apoio ao cambio é practicamente unánime entre aquelas persoas que non a votaron en referendo, é dicir, aquelas que teñen menos de 54 anos.
Interior poderá realizar escoitas sen permiso do xuíz en delitos graves. Até o de agora, esa facultade do Goberno limitábase a actuacións de terroristas ou bandas criminais.
Traballadores de Alcoa paran a saída dos camións de aluminio e hoxe manifestaranse na Coruña ante a ameaza de despido colectivo aos 400 traballadores da factoría, que hoxe pediron axuda a Feijóo para evitar as intencións da empresa. Foto de @traballadoAlcoa.
Celtarras e Riazor Blues únense nun comunicado no que aseguran que "non son delincuentes" e que a rivalidade "non pode xustificar asasinato ningún". Outros 18 grupos ultras ou peñas asinan o texto.
La Voz de Galicia asegura que José Manuel Vilaboy Lois Josman, o militante do PP de Ferrol sinalado na instrución do caso Pokémon como a persoa a quen Vendex lle entregou 3000 euros para o Partido Popular, traballa nunha das principais empresas adxudicatarias do Concello de Ferrol
CIG-Ensino gaña de novo as eleccións sindicais no ensino público non universitario, celebradas este xoves, acadando ao redor de 62 delegados e delegadas, por 21 de CCOO, 17 de ANPE, 16 de UGT, 14 de STEG e 10 de CSIF, segundo datos adiantados polo propio sindicato.
A Xunta non modificará o financiamento da Universidade da Coruña a pesar das demandas e das críticas expresadas este mércores no Claustro polo equipo reitoral. O conselleiro de Educación, Jésus Vázquez, acusou o reitor, Xosé Luís Armesto, de facer "campaña electoral"
A ex conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, número dous de Ana Mato, presenta a súa dimisión. Nos últimos días chegara a soar como posible ministra de Sanidade, pero tras o nomeamento de Alonso expresou o seu desexo de regresar á profesión médica.
O informe do Banco de España confirma que Bankia alterou as súas contas antes de saír a Bolsa. Rodrigo Rato pode ser condenado a seis anos de cadea.