Interior poderá realizar escoitas sen permiso do xuíz en delitos graves. Até o de agora, esa facultade do Goberno limitábase a actuacións de terroristas ou bandas criminais.
Fálase
Traballadores de Alcoa paran a saída dos camións de aluminio e hoxe manifestaranse na Coruña ante a ameaza de despido colectivo aos 400 traballadores da factoría, que hoxe pediron axuda a Feijóo para evitar as intencións da empresa. Foto de @traballadoAlcoa.
Celtarras e Riazor Blues únense nun comunicado no que aseguran que "non son delincuentes" e que a rivalidade "non pode xustificar asasinato ningún". Outros 18 grupos ultras ou peñas asinan o texto.
La Voz de Galicia asegura que José Manuel Vilaboy Lois Josman, o militante do PP de Ferrol sinalado na instrución do caso Pokémon como a persoa a quen Vendex lle entregou 3000 euros para o Partido Popular, traballa nunha das principais empresas adxudicatarias do Concello de Ferrol
CIG-Ensino gaña de novo as eleccións sindicais no ensino público non universitario, celebradas este xoves, acadando ao redor de 62 delegados e delegadas, por 21 de CCOO, 17 de ANPE, 16 de UGT, 14 de STEG e 10 de CSIF, segundo datos adiantados polo propio sindicato.
A Xunta non modificará o financiamento da Universidade da Coruña a pesar das demandas e das críticas expresadas este mércores no Claustro polo equipo reitoral. O conselleiro de Educación, Jésus Vázquez, acusou o reitor, Xosé Luís Armesto, de facer "campaña electoral"
A ex conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, número dous de Ana Mato, presenta a súa dimisión. Nos últimos días chegara a soar como posible ministra de Sanidade, pero tras o nomeamento de Alonso expresou o seu desexo de regresar á profesión médica.
O informe do Banco de España confirma que Bankia alterou as súas contas antes de saír a Bolsa. Rodrigo Rato pode ser condenado a seis anos de cadea.
Continúan as protestas nas rúas dos Estados Unidos polos recentes casos de persoas de raza negra mortas por accións policiais. Onte mesmo un policía matou un cidadán de cor desarmado en Arizona.
- Besteiro afirma que un goberno PP-PSOE só é posible "no mundo imaxinario de Feijóo". "Non rotundo, somos auga e aceite" afirma o líder do PSdeG