El Diario publica un especial con motivo do Día da República, cunha análise da prensa daquel 14 de abril de 1931 e do proceso constituínte que se estaba a vivir.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/534b74e56dada-manifestacion-madrid-iii-republica-transicion_ediima20140413_0106_15.jpg)
El Diario publica un especial con motivo do Día da República, cunha análise da prensa daquel 14 de abril de 1931 e do proceso constituínte que se estaba a vivir.
O CD Lugo cae por 3-1 ante o Real Murcia
O Deportivo da Coruña imponse por 2-0 ao Recreativo de Huelva e segue na senda do ascenso á Primeira.
Feijóo proclama que "non ten cartos" para "repoñerlles o soldos aos empregados públicos" e mantén que hai "banco" para a súa sucesión. Asegúrao nunha entrevista en La Voz
A Xunta renuncia a privatizar a autoestrada Dozón-Ourense ao descubrir que lle custa menos do que pensaba. Cóntao Faro de Vigo
'Somos xente honrada' triunfa na gala dos #MestreMateo14, inzada de alusións á necesidade de manter o emprego no sector do audiovisual e cunha emotiva homenaxe a 'Pico'. O máis destacado da cerimonia, este domingo en Praza Pública.
#MestreMateo14 Ás 22:00 comeza a gala dos Mestre Mateo. Pódese seguir ao vivo a través da TVG.
O Celta logra un valioso empate a dous goles ante a Real Sociedad
A Coordinadora Nacional de Anova comezou hoxe "o proceso para convocar a II Asemblea nacional" da formación "no outono" deste ano. "Garántese a partipación sosegada da militancia nun proceso tan importante e o conxunto da organización poderá centrarse" previamente "no vindeiro proceso electoral das europeas", sinalan.
Rajoy xustifica a tardanza do PP para presentar a súa candidatura europea en que "reservamos o mellor para o final"