Nestes momentos unha concentración tenta impedir na Coruña o desafiuzamento dunha muller de 85 anos por non pagar un mes de aluguer
Nestes momentos unha concentración tenta impedir na Coruña o desafiuzamento dunha muller de 85 anos por non pagar un mes de aluguer
#consellodaxunta Feijóo pide "desculpas" polo colapso do servizo de urxencias no Hospital da Coruña e subliña a Xunta traballa na ampliación do complexo sanitario
#consellodaxunta Feijóo manifesta sentirse "seguro de todas as actuacións de Mariano Rajoy" no caso Bárcenas. Evita aclarar se Rajoy debería destituír a Ana Mato, se ben asegura estar "convencido" de que "hai moitos homes que non avalan a conduta das súas mulleres e moitas mulleres que non avalan a conduta dos seus maridos".
#consellodaxunta A Xunta vai permitir a caza en zonas de veda "cando se cumpran requisitos de fauna salvaxe" como os xabaríns.
#consellodaxunta O Consello aproba o anteproxecto da Lei de Caza. Asegura que a caza pode "mellorar a economía do rural". O límite para obter licenzas de caza mantense nos 16 anos de idade e non nos 14, como se prevía inicialmente.
Ratificada a sentenza dun xulgado de Segovia que considera legal fotografar ou gravar actuacións xudiciais. A Federación de Asociacións de Xornalistas publica o ditame xudicial íntegro
Caja Madrid púxolle un sobresoldo a Bárcenas durante tres anos. A súa designación estaba ligada ao nomeamento de Miguel Blesa, amigo íntimo de Aznar
O Índice Xeral de Produción Industrial (IPI) caeu en Galicia un 2,7% en 2012 con respecto a 2011
A amnistía fiscal non serve para descubrir cartos procedente de actividades ilegais. Facenda comprometeuse a non comprobar as declaracións sometidas a esta regularización, agás que os implicados se atopen nun proceso xudicial, segundo conta Cinco Días.
O estudo creativo Identya deseña unha tipografía -Corrupt Script- a partir da letra manuscrita dos papeis de Bárcenas