Un grupo de pantallas de Xinzo colle en brazos ao presidente da Xunta durante un acto sobre o entroido galego celebrado este domingo na Praza do Obradoiro de Compostela.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/52f7c2edc2a2f-1391969737_608141_1391969925_noticia_normal.jpg)
Un grupo de pantallas de Xinzo colle en brazos ao presidente da Xunta durante un acto sobre o entroido galego celebrado este domingo na Praza do Obradoiro de Compostela.
O Goberno británico desmente a escusa de Wert para non acudir esta noite á gala dos premios Goya. Recólleo Público.es
Elena Valenciano será designada candidata do PSOE ás europeas. Avánzao El Diario.
Milleiros de persoas esixen en Vigo que non vaian á cadea os dous sindicalistas condeados por participar nun piquete informativo na folga do transporte de 2008.
Unha enquisa de Metroscopia para El País amosa a PP e PSOE nun empate técnico cara a unhas eventuais eleccións xerais.
Faro de Vigo analiza que PP e PSOE "evitan atacarse" no caso Pokémon polas presuntas implicacións de membros de ambos partidos.
O CD Lugo imponse por 1-0 ao Zaragoza no Anxo Carro. (foto: @Xoan_Xose)
O BNG aposta por unha alianza con EH-Bildu e as CUP para as eleccións europeas. A información, esta tarde en Praza.
A infanta Cristina xustifica a súa actuación no caso Nóos alegando "confianza" no seu home, Iñaki Urdangarín. A información sobre a declaración xudicial da filla do rei, en El Diario.