A Facultade de Informática da Universidade da Coruña organiza unha serie de eventos enmarcados celebración do aniversario de Anita Borg: WikinformáticA, un concurso no que alumnado de secundaria elabora unha wiki en galego sobre mulleres destacadas na historia das TIC. E tamén unhas xornadas, a semana que vén, nas que participarán destacadas profesionais neste campo, coma Carme Miró, Cristina Gamallo, Mariel Martínez ou María Malmierca.
Fálase
O MUNCYT da Coruña acolle este venres a charla do físico e divulgador científico Dosi Veiga co título "APOD NASA 2014, Un ano de astronomía en galego", organizada pola Agrupación Astronómica Ío. Veiga é un dos tradutores ao galego da web da NASA Astronomy Picture Of the Day
#EPA Galicia ten 17.000 persoas menos con traballo que no terceiro trimestre e 2.000 menos que en 2013. A poboación activa baixou en 11.300 persoas no cuarto trimestre de 2014 e en 19.200 a respecto de finais de 2013. Toda a información, hoxe en Praza
#EPA O paro subiu en Galicia en 5.500 persoas no cuarto trimestre do 2014, que rematou con 17.000 desempregadas menos que en 2013, ata quedar nos 263.800, segundo os datos da EPA que vén de facerse pública. Toda a información, esta mañá en Praza.
O DOG publica o decreto que declara a Fábrica de Sargadelos como Ben de Interese Cultural
Agárdase que este xoves o BCE anuncie un amplo programa de compra de débeda pública para tentar reactivar a economía. En El Diario
Galicia é a terceira autonomía que máis investigadores perdeu dende 2010. Recólleo Faro de Vigo
A xuíza De Lara investiga se o ex xerente do PP de Ourense recibe presións para "retractarse" das súas declaracións sobre o presunto financiamento ilegal do partido. Recólleo El País
Dimite Luís Lamas, presidente de Sogama, ao adxudicar un contrato a un despacho de avogados do que era socio. O Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo, do que é o tesoureiro, deu un contrato de asesoría a un bufete do que el é asociado.
Luis Bárcenas sairá da cadea mañá xoves. A familia do ex tesoureiro do PP consegue reunir a práctica totalidade da fianza de 200.000 euros.