O Girona frea a xeira de triunfos do Deportivo, que vén de perder 1-0 na súa visita ao equipo catalán. Malia á derrota, os coruñeses seguen líderes da Segunda división.
Fálase
Alemania escenifica o seu control sobre a zona euro valorando a folga xeral do 29M. Para seu ministro de Finanzas, Wolfgang Schäuble, a mobilización "non tivo bastante apoio como para frear as reformas e axustes emprendidos polo Goberno español". En Público.
O BNG pide a comparecencia no Congreso do ministro de Agricultura, Miguel Arias Cañete, para que "aclare" a posición do Goberno central sobre a reforma das políticas agraria e pesqueira común na Unión Europea.
A Consellería do Medio Rural asegura que este sábado só permanece activo un incendio en Galicia, dunhas 50 hectáreas no concello de Avión. A Xunta dá por extinguidos os lumes forestais de Fornelos de Montes (100 hectáreas), Entrimo (110 hectáreas), Mesía (24,6 hectáreas) e Lousame (35 hectáreas)
Nova Escola Galega recibirá o Pedrón de Ouro deste 2012 polo seu labor "na causa do idioma e do seu futuro e a do ensino público" e "procurar unha educación democrática, inclusiva e laica". O Pedrón de Honra corresponderalle ao artista ourensán Henrique Ortiz.
Os diarios máis próximos á liña política gobernamental non evitan falar de recortes pero subliñan que é para "salvar" as contas do Estado.
O durísimo recorte que o Goberno central inclúe nos seus Orzamentos é hoxe portada de todos os diarios impresos. Moitos deles fíxanse especialmente na tesoirada e tamén na amnistía fiscal que porá en marcha o gabinete de Mariano Rajoy
A Comisión para la Doctrina de la Fe, que preside o bispo de Almería, vén de condear o teólogo galego Andrés Torres Queiruga por "sementar a inquedanza entre os fieis" católicos. Cóntao El Mundo.
O Xulgado de Instrución número 7 de Vigo vén de abrir dilixencias penais contra catro policías tras a denuncia presentada polo cámara do departamento de comunicación da CIG. Foi arrestado mentres gravaba a folga xeral. Os antidisturbios foron denunciados por "detención ilegal, danos e lesións".
#PGE Cristóbal Montoro explica que a amnistía fiscal será para o capital que retorne a España, que só terá que pagar un "gravamen especial" do 10%, quedando libre de calquera penalización ou sanción.