#PGE Cristóbal Montoro explica que a amnistía fiscal será para o capital que retorne a España, que só terá que pagar un "gravamen especial" do 10%, quedando libre de calquera penalización ou sanción.
#PGE Cristóbal Montoro explica que a amnistía fiscal será para o capital que retorne a España, que só terá que pagar un "gravamen especial" do 10%, quedando libre de calquera penalización ou sanción.
#PGE O Goberno aproba unha amnistía fiscal para regularizar a fraude, é dicir, que regulariza a situación de todos aqueles que paguen o 10% do defraudado.
#PGE A suba de impostos permitirá recadar uns 12.300 millóns, segundo anuncia o Goberno.
Os afectados polas preferentes das antigas caixas, que chegaron enchendo "tres autobuses", botan fariña polos corredores da CRTVG
Tres vehículos da Policía Nacional están xa na sede da CRTVG, onde os afectados polas preferentes continúan polos corredores. Tentaron irromper no plató no que se emite o Telexornal, aseguran fontes presenciais.
#PGE Montoro define como "crítica" a situación da economía española para xustificar un axuste "moi duro" nos Presupostos de 2012.
#PGE Ademais da luz, a tarifa do gas tamén subirá un 5% a partir do 1 de abril
#PGE Manteranse as pensións, conxelarase o soldo dos funcionarios, e as bolsas de estudo e a prestación por desemprego quedarán tal e como están
#PGE A vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría anuncia unha suba do imposto de sociedades dentro dun programa de "regularización fiscal".
#PGE Comeza a rolda de prensa tras o Consello de ministros. O Goberno non subirá o IVE. Primeiros recortes: os ministerios terán unha rebaixa media do 16,9%, 27.000 millóns de euros en total.