Antoni Domènech, G. Buster e Daniel Raventós analizan en Sinpermiso a situación creada despois do triunfo da dereita en Grecia, o rescate bancario en España e coa posibilidade aberta dun goberno de unidade nacional
Fálase
Nova xornada no conflito dos mineiros en Asturias. Despois do éxito da folga de onte, e da manifestación de 50 mil persoas en Langreo, hoxe ao redor de 300 traballadores viaxan a Madrid para manifestarse diante do Senado. Anúnciase unha marcha a pé até Madrid, que se convertiría nunha acampada permanente na capital do Estado.
Antón Costas, catedrático de Economía da Universidade de Barcelona, advirte dun "clima depresivo" que se puede alongar unha década. Costas participou no encontro A economía galega: oportunidades e propostas e salientou que "a dimensión das empresas será determinante para poder sobrevivir", apostando por empresas grandes con capacidade de innovar e buscar mercados no exterior.
Hoxe lémbrase en Barcelona o 25 aniversario do atentado de ETA en Hipercor, que causou a morte a 21 persoas.
Mañá comeza en Brasil o Cumio Río+20, na procura dunha maneira distinta de asentarnos sobre o medio ambiente. A pesar da presenza de 130 xefes de Estado e Goberno, e de máis de 50 mil participantes, hai moitas dúbidas sobre se se chegarán a acordos concretos. Destacan, ademais, as ausencias dos líderes dos países máis desenvolvidos, como Barack Obama, David Cameron e Angela Merkel
A USC organiza unha exposición con viñetas de El Roto centradas no medio ambiente, a economía e o desenvolvemento sustentable. Pode verse no claustro de Fonseca.
Sindicatos mineiros cualifican de "éxito total" a xornada de folga e preparan unha marcha a pé até Madrid. Estiman en 50 mil os participantes na manifestación e salientan o "orgullo de ser e estar nas comarcas mineiras".
O Parlamento europeo envía unha misión a Madrid e Valencia para verificar como se gastan as axudas europeas e saber se hai controis suficientes para evitar irregularidades
Tras relevalo na alcaldía, Ángel Currás substitúe dende esta tarde a Gerardo Conde Roa como líder do PP en Santiago.
O Goberno de Aragón avanza na derrogación da Lei de Linguas. Será substituído por un texto sen referencias ao catalán falado nesa comunidade, que pasa a ser denominado "lingua aragonesa propia da área oriental de Aragón". En Vilaweb.