O Goberno de Aragón avanza na derrogación da Lei de Linguas. Será substituído por un texto sen referencias ao catalán falado nesa comunidade, que pasa a ser denominado "lingua aragonesa propia da área oriental de Aragón". En Vilaweb.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4fdf6ada0273b-thumb_474__4.jpg)
O Goberno de Aragón avanza na derrogación da Lei de Linguas. Será substituído por un texto sen referencias ao catalán falado nesa comunidade, que pasa a ser denominado "lingua aragonesa propia da área oriental de Aragón". En Vilaweb.
O Ministerio do Interior rebaixará o límite de velocidade das estradas convencionais de 100 a 90 quilometros á hora. Mentres, estuda incrementar ata 130 por hora o límite en autoestradas e autovías. En La Información.
De Guindos cre que o castigo dos mercados a España non se corresponde co potencia da súa economía. O ministro de Economía afirma que o Estado é "solvente".
Inditex non sente a crise. O grupo textil galego compra por case 200 millóns de euros o edificio de Londres no que está situada a súa principal tenda na cidade.
Entra en vigor en Catalunya a taxa de 1 euro por receita de medicamentos. O conseller de Saúde, Boi Ruiz, considera que ese pagamento é "un deber de conciencia colectiva". En Ara.
Europa aplicará "todas as medidas políticas necesarias" para manter o euro estable, segundo unha fonte do G-20 á que fai alusión Reuters, que filtrou un borrador do comunicado preparado polo cumio. Ademais, urxen a eurozona a que rache de vez o círculo vicioso entre gobernos e bancos.
Paul Krugman dános a "benvida aos anos trinta" nun texto que publica El País. Di que "corren tempos de loucura enfundada en traxes caros" e critica con dureza a política do BCE e a decisión de non rebaixar os tipos de interese.
O PPdeG di en Twitter que "Galicia non é España para o BNG" e pregúntase se o é para o PSdeG
Diagonal publica unha reportaxe sobre proxectos xornalísticos realizados dende abaixo e para o 99%, entre eles Praza, xunto co catalán La Directa, o gaditano Grundmagazine, ou The Reset Project, que nacerá en breve.
IU por la Base advírtelle a Diego Valderas de que se situará "fóra de IU" se non se opón ao decreto do plan de axuste. O colectivo lembra que os consellos provinciais de IU en Sevilla e Córdoba lle pediron ao grupo parlamentario que votase en contra.