Europa aplicará "todas as medidas políticas necesarias" para manter o euro estable, segundo unha fonte do G-20 á que fai alusión Reuters, que filtrou un borrador do comunicado preparado polo cumio. Ademais, urxen a eurozona a que rache de vez o círculo vicioso entre gobernos e bancos.
Fálase
Paul Krugman dános a "benvida aos anos trinta" nun texto que publica El País. Di que "corren tempos de loucura enfundada en traxes caros" e critica con dureza a política do BCE e a decisión de non rebaixar os tipos de interese.
O PPdeG di en Twitter que "Galicia non é España para o BNG" e pregúntase se o é para o PSdeG
Diagonal publica unha reportaxe sobre proxectos xornalísticos realizados dende abaixo e para o 99%, entre eles Praza, xunto co catalán La Directa, o gaditano Grundmagazine, ou The Reset Project, que nacerá en breve.
IU por la Base advírtelle a Diego Valderas de que se situará "fóra de IU" se non se opón ao decreto do plan de axuste. O colectivo lembra que os consellos provinciais de IU en Sevilla e Córdoba lle pediron ao grupo parlamentario que votase en contra.
O alivio proporcionado pola vitoria dos conservadores nas eleccións gregas de onte mantén a rendibilidade do bono español a 10 anos por riba do fatídico 7%. Neste momento, sitúase en 7,153%, coa prima de risco superando os 575 puntos. Cristóbal Montoro afirma que a situación é "crítica"
A CIG advirte que "os 6.000 postos de traballo de NCG Banco están en perigo" en Galicia. O responsable da central en Novagalicia, Clodomiro Montero, dá conta da xuntanza mantida entre os sindicatos e José María Castellano, aínda que a entidade pediulles que non detallasen os contidos da reunión.
Paro total nas concas mineiras asturianas na xornada de folga xeral. Os sindicatos aseguran que a paralización da actividade é absoluta. Na imaxe de @porAsturies, barricadas no pozo de María Luisa.
A porcentaxe do gasto eléctrico que absorben os pequenos electrodomésticos cuando quedan en posición de repouso (standby) é do 7%, superior ao consumo da refrixeración e equiparable ao gasto enerxético da lavadora.
Promusicae perde o xuízo contra Enrique Dans por "infracción ao seu honor". Dans afirmara que Promusicae "vulneraba as leis antimonopolio" e o tribunal considera que "prevalece a liberdade de expresión".