A CIG advirte que "os 6.000 postos de traballo de NCG Banco están en perigo" en Galicia. O responsable da central en Novagalicia, Clodomiro Montero, dá conta da xuntanza mantida entre os sindicatos e José María Castellano, aínda que a entidade pediulles que non detallasen os contidos da reunión.
Fálase
Paro total nas concas mineiras asturianas na xornada de folga xeral. Os sindicatos aseguran que a paralización da actividade é absoluta. Na imaxe de @porAsturies, barricadas no pozo de María Luisa.
A porcentaxe do gasto eléctrico que absorben os pequenos electrodomésticos cuando quedan en posición de repouso (standby) é do 7%, superior ao consumo da refrixeración e equiparable ao gasto enerxético da lavadora.
Promusicae perde o xuízo contra Enrique Dans por "infracción ao seu honor". Dans afirmara que Promusicae "vulneraba as leis antimonopolio" e o tribunal considera que "prevalece a liberdade de expresión".
Os mariñeiros que participaron na limpeza do chapapote do Prestige tiveron problemas respiratorios durante cinco anos. Así o asegura un estudo liderado polo Centro de Investigación en Epidemioloxía Ambiental.
O Banco Mundial censura o xeito no que se xestionou o rescate á banca española. Estivo "moi mal feito", di o seu presidente, Robert Zoellick, que lamentou que se "estragase" a opción de recuperar a confianza na eurozona.
A vitoria das forzas pro rescate en Grecia tampouco 'acouga' os mercados. A prima de risco española bate o seu récord, superando os 560 puntos, e os xuros da débeda superan o perigoso 7%-
Chega o primeiro caso á Comisión Sinde. A primeira web investigada é bajui.com, cuxo responsable está defendido polo avogado David Bravo, que escribe para Eldiario.es
Rajoy cre que os resultados electorais de Grecia "son unha boa noticia para España". O presidente do Goberno asegura que "chegou o momento de que os europeos" fixen con claridade "os obxectivos de futuro".
A folga convocada nas concas mineiras de Asturias e León é total en todos os sectores. En paralelo, sucédense as presións para que os senadores do PP en León que anunciaron que votarían en contra da disciplina de voto do seu partido muden a súa postura.