O Banco Mundial censura o xeito no que se xestionou o rescate á banca española. Estivo "moi mal feito", di o seu presidente, Robert Zoellick, que lamentou que se "estragase" a opción de recuperar a confianza na eurozona.
Fálase
A vitoria das forzas pro rescate en Grecia tampouco 'acouga' os mercados. A prima de risco española bate o seu récord, superando os 560 puntos, e os xuros da débeda superan o perigoso 7%-
Chega o primeiro caso á Comisión Sinde. A primeira web investigada é bajui.com, cuxo responsable está defendido polo avogado David Bravo, que escribe para Eldiario.es
Rajoy cre que os resultados electorais de Grecia "son unha boa noticia para España". O presidente do Goberno asegura que "chegou o momento de que os europeos" fixen con claridade "os obxectivos de futuro".
A folga convocada nas concas mineiras de Asturias e León é total en todos os sectores. En paralelo, sucédense as presións para que os senadores do PP en León que anunciaron que votarían en contra da disciplina de voto do seu partido muden a súa postura.
Castellano convoca hoxe a partir das 10.30 os representantes sindicais de Novagalicia Banco, que temen novos despedimentos e recortes
O BNG critica o "cinismo" do Goberno de Carlos Negreira por organizar as actividades do Día do Orgullo Gai na Coruña, ao tempo que cualifica de "burla" os actos.
Os irmáns musulmáns atribúense a vitoria nas eleccións exipcias, aínda que os partidarios do ex primeiro ministro tamén afirman ter gañado os comicios. Os resultados oficiais non se coñecerán até o xoves.
A prensa española, de El País a La Razón pasando por ABC, coincide en saudar a vitoria da dereita nas eleccións gregas. El País e ABC mesmo comparten titular: "Grecia da un respiro a Europa".
Fútbol. O Lugo vence 3-1 ao Cádiz no primeiro partido da final polo ascenso a Segunda. O equipo galego dá un paso de xigante para estar a vindeira tempada na categoría de prata.