A prensa española, de El País a La Razón pasando por ABC, coincide en saudar a vitoria da dereita nas eleccións gregas. El País e ABC mesmo comparten titular: "Grecia da un respiro a Europa".

A prensa española, de El País a La Razón pasando por ABC, coincide en saudar a vitoria da dereita nas eleccións gregas. El País e ABC mesmo comparten titular: "Grecia da un respiro a Europa".
Fútbol. O Lugo vence 3-1 ao Cádiz no primeiro partido da final polo ascenso a Segunda. O equipo galego dá un paso de xigante para estar a vindeira tempada na categoría de prata.
#Grecia. Nova Democracia gañaría as eleccións gregas cun 29,5% dos votos (128 escanos), por diante da coalición Syriza (27,1 e 72 deputados), segundo as primeiras proxeccións de datos oficiais.
Grecia. Comeza o reconto oficial dos votos das eleccións lexislativas máis decisivas das últimas décadas. O escrutinio pode ser seguido a través da web do Ministerio do Interior grego.
Fútbol. O Lugo vence 2-0 ao Cádiz no descanso. Os goles de Pita e Belencoso danlle unha importante vantaxa ao equipo lucense, que se está a sobrepoñer a un campo enchoupado.
Néstor Rego, novo secretario xeral da UPG. Colle o relevo de Francisco Rodríguez á fronte da secretaría xeral do partido.
Grecia. Os primeiros inquéritos divulgados á saída das urnas dan uns resultados moi disputados, con empate técnico entre Nova Democracia e Syriza. Estes son os datos:
* Sondaxe Star Channel: ND (dereita) 27-30%, SYRIZA (nova esquerda) 26-29%, PASOK (socialdemocracia) 10-12%, Gregos Independentes 6-8%, Alba Dourada (ultradereita) 6-8%, Demócratas de Esquerda 6-7%, KKE (comunistas) 5-6%.
* Sondaxe MegaTV: ND 27.5-30.5%, SYRIZA27-30%, PASOK 10-12%, Gregos Independentes 6-7.5%, Alba Dourada 6-7.5%, Demócratas de Esquerda 5.5-6%, KKE 5-6%.
* Sondaxe SkaiTV: SYRIZA 28%, ND 27.5%, PASOK 13%, Demócratas de Esquerda 7.5%, Gregos Independentes 7.5%, Alba Dourada 5.5%, KKE 5.5%.
As dúas primeiras son enquisas realizadas á saída das urnas. A última é unha enquisa de opinión encargada polo canal Skai. Polas 20h coñecerase unha nova rolda de inquéritos e a partir das 21:30 haberá resultados reais con porcentaxes fiables.
Lugo respira ambiente de fútbol a tres horas do comezo do primeiro partido da final polo ascenso a Segunda entre o equipo local e o Cádiz. Poderás ler a crónica do encontro en Praza.
Castellano convoca o luns na Coruña os sindicatos de Novagalicia Banco. O presidente da entidade presentaralles o plan de recapitalización enviado ao Banco de España, pero as organizacións sindicais temen máis despidos e recortes en materia laboral.
Lanzan unha granada de man contra unha sede da televisión grega Skai, durante a xornada electoral no país heleno. O artefacto, de fabricación soviética, non chegou a estoupar.