O BNG de Castro de Rei denuncia a inserción na revista-programa das festas de Castro Ribeiras do Lea 2017 dun anuncio que inclúe un escudo franquista. A revista, ademais do programa festivo, leva ao inicio un saúdo do alcalde da localidade, xa que o Concello colabora con 6.000 euros, entroutras axudas.
