O xuíz instrutor de Granada vén de emitir unha orde de detención contra Juana Rivas, a muller que permanece en paradeiro descoñecido xunto aos seus fillos dende o 26 de xullo, tentando evitar que os nenos sexan entregados ao pai, condenado por maltrato. Juana Rivas non se presentou este martes no xulgado, onde estaba citada
Fálase
Ana Peleteiro, sétima no Mundial de Atletismo de Londres tras a final de triplo salto. A atlega galega acada unha marca de 14,23, novo récord galego e de España sub-23.
Londres anuncia que algunhas frotas poderán seguir nas súas augas "baixo as súas condicións". O ministro de Medio Ambiente británico crea unha tormenta entre o sector pro-Brexit tras unha reunión coa patronal danesa.
A plataforma cívica de Llamazares e Baltasar Garzón inscríbese como partido no Ministerio do Interior. Pretende concorrer ás eleccións europeas, municipais e autonómicas pero a decisión tomarase a final de ano.
Desconvocada definitivamente a folga de limpeza na Coruña. O Sindicato de Traballadores de Limpeza (STL) ratificou o acordo acadado hai uns días co Concello.
Un incendio en Oroso provoca problemas na circulación e desvíos na estrada N-550 entre Santiago e A Coruña
Audasa urxe acabar Rande en decembro para subir as peaxes en 2018. A concesionaria non quere esgotar a última prórroga, ata marzo, porque tería que agardar a 2019 para aplicar a suba na AP-9.
O Goberno central incumpre a lei e deixa morrer o consello de participación de colectivos feministas. O Executivo non convoca o Consello de Participación da Muller desde 2014 malia que a norma obrígalle a facelo polo menos dúas veces ao ano.
As fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal... Pero deixamos moito que ler. Regresamos o luns, boa fin de semana!
CSIF advirte dun fallo informático no sistema xudicial galego que permite ver e modificar os procesos penais. Di que o problema "implica un atentado" contra a intimidade e a confidencialidade dos datos persoais.