O Goberno central incumpre a lei e deixa morrer o consello de participación de colectivos feministas. O Executivo non convoca o Consello de Participación da Muller desde 2014 malia que a norma obrígalle a facelo polo menos dúas veces ao ano.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/59880d9fd1bfd-dia-internacional-mujer-olmo-calvo_ediima20170308_0953_24.jpg)
O Goberno central incumpre a lei e deixa morrer o consello de participación de colectivos feministas. O Executivo non convoca o Consello de Participación da Muller desde 2014 malia que a norma obrígalle a facelo polo menos dúas veces ao ano.
As fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal... Pero deixamos moito que ler. Regresamos o luns, boa fin de semana!
CSIF advirte dun fallo informático no sistema xudicial galego que permite ver e modificar os procesos penais. Di que o problema "implica un atentado" contra a intimidade e a confidencialidade dos datos persoais.
Declarado un novo incendio na provincia de Ourense, desta vez no Xurés, con xa 20 hectáreas queimadas. O lume iniciouse na parroquia de Araúxo, en Lobios. Vídeo de @BrifLaza
O CIS augura un ascenso electoral do PSOE que o deixa a menos de 4 puntos do PP en eleccións xerais. Os de Pedro Sánchez estarían dous puntos por riba do seu último resultado e o PP seguiría sendo o máis votado, pero perdendo uns 4 puntos. Unidos Podemos e as súas confluencias roldarían o 20%, un punto por baixo das xerais do ano pasado. Resúmeo eldiario.es
Julio Fernández Gayoso abandona o cárcere, segundo adiantan varios medios. O ex-presidente de Novacaixagalicia sae da cadea logo de medio ano e colaborará coa asociación Érguete.
O goberno da Coruña e o persoal de limpeza chegan a un preacordo para evitar a folga do servizo. Cóntao La Opinión de A Coruña
A campaña unitaria polo 'si' no referendo catalán comezará o 15 de setembro. Terá tres grandes actos até o vindeiro 1 de outubro, data prevista para a consulta.
Un equipo científico estadounidense logra corrixir embrións humanos para eliminar unha enfermidade do corazón. Este fito científico vén de ser publicado pola prestixiosa revista Nature
O Concello da Coruña tenta este xoves desbloquear a convocatoria de folga de limpeza da empresa Cespa nunha xuntanza co comité da mobilización, formado só polo secretario do sindicato STL. Cóntao La Opinión