Julio Fernández Gayoso abandona o cárcere, segundo adiantan varios medios. O ex-presidente de Novacaixagalicia sae da cadea logo de medio ano e colaborará coa asociación Érguete.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5984303fcd5fe-5011030e014a2-959_1343292023033.jpg)
Julio Fernández Gayoso abandona o cárcere, segundo adiantan varios medios. O ex-presidente de Novacaixagalicia sae da cadea logo de medio ano e colaborará coa asociación Érguete.
O goberno da Coruña e o persoal de limpeza chegan a un preacordo para evitar a folga do servizo. Cóntao La Opinión de A Coruña
A campaña unitaria polo 'si' no referendo catalán comezará o 15 de setembro. Terá tres grandes actos até o vindeiro 1 de outubro, data prevista para a consulta.
Un equipo científico estadounidense logra corrixir embrións humanos para eliminar unha enfermidade do corazón. Este fito científico vén de ser publicado pola prestixiosa revista Nature
O Concello da Coruña tenta este xoves desbloquear a convocatoria de folga de limpeza da empresa Cespa nunha xuntanza co comité da mobilización, formado só polo secretario do sindicato STL. Cóntao La Opinión
O Congreso do Brasil salva a Temer do proceso de xuízo político por corrupción. O que fora un dos principais impulsores da destitución de Dilma Rousseff levaba semanas a ofrecer diversas vantaxes económicas a deputados que avalaron a súa permanencia no cargo. Está a contalo Carta Capital
Os sindicatos do transporte desconvocan definitivamente a folga de autobuses tras pecharen un acordo salarial coa patronal. A mobilización estaba suspendida dende mediados de xullo tras o preacordo de centrais sindicais e patronal, que vén de culminar no marco do Consello Galego de Relacións Laborais. Avánzao Europa Press na súa web.
A xustiza anula a licenza da mina de Cementos Cosmos na Cova Eirós de Triacastela. Consulta aquí toda a información
Unha nova fenda de seguridade do Ministerio de Xustiza deixa ao descuberto 11.000 documentos sobre o funcionamento interno de sistemas sensibles como LexNet. É unha exclusiva que revela El Confidencial
A CRMH da Coruña pide a ilegalización da Fundación Francisco Franco pola apoloxía da ditadura que di que fará coa xestión das visitas ao Pazo de Meirás. Toda a información, esta tarde en Praza.gal.