Un equipo científico estadounidense logra corrixir embrións humanos para eliminar unha enfermidade do corazón. Este fito científico vén de ser publicado pola prestixiosa revista Nature

Un equipo científico estadounidense logra corrixir embrións humanos para eliminar unha enfermidade do corazón. Este fito científico vén de ser publicado pola prestixiosa revista Nature
O Concello da Coruña tenta este xoves desbloquear a convocatoria de folga de limpeza da empresa Cespa nunha xuntanza co comité da mobilización, formado só polo secretario do sindicato STL. Cóntao La Opinión
O Congreso do Brasil salva a Temer do proceso de xuízo político por corrupción. O que fora un dos principais impulsores da destitución de Dilma Rousseff levaba semanas a ofrecer diversas vantaxes económicas a deputados que avalaron a súa permanencia no cargo. Está a contalo Carta Capital
Os sindicatos do transporte desconvocan definitivamente a folga de autobuses tras pecharen un acordo salarial coa patronal. A mobilización estaba suspendida dende mediados de xullo tras o preacordo de centrais sindicais e patronal, que vén de culminar no marco do Consello Galego de Relacións Laborais. Avánzao Europa Press na súa web.
A xustiza anula a licenza da mina de Cementos Cosmos na Cova Eirós de Triacastela. Consulta aquí toda a información
Unha nova fenda de seguridade do Ministerio de Xustiza deixa ao descuberto 11.000 documentos sobre o funcionamento interno de sistemas sensibles como LexNet. É unha exclusiva que revela El Confidencial
A CRMH da Coruña pide a ilegalización da Fundación Francisco Franco pola apoloxía da ditadura que di que fará coa xestión das visitas ao Pazo de Meirás. Toda a información, esta tarde en Praza.gal.
As inscricións nas oficinas de emprego descenderon en 7.794 en Galicia no mes de xullo, ata as 181.871; son 13.586 menos que hai un ano. As afiliacións á Seguridade Social incrementáronse no mesmo mes en 16.721, unha suba interanual de 22.625. O descenso do paro rexistrado en termos absolutos é o maior entre as comunidades autónomas. Consulta aquí toda a información
O alcalde de Palas anuncia un recurso contra a súa condena por acoso laboral a unha empregada municipal. Pablo Taboada e o resto de edís condenados seguen á fronte do Concello formalmente fóra do PP, pero apoiados por outros dous concelleiros deste partido. Outros cargos electos inhabilitados por sentenza ante a que cabía recurso tiveron que abandonar o cargo inmediatamente por mor do estipulado na lei de partidos.
Galicia foi a única autonomía que reduciu a súa recadación por impostos no primeiro trimestre. Cóntao La Opinión de A Coruña