Galicia foi a única autonomía que reduciu a súa recadación por impostos no primeiro trimestre. Cóntao La Opinión de A Coruña
Fálase
Érguete defende que a incorporación de Fernández Gayoso é "un caso máis entre moitas" persoas encarceradas ás que axuda. O ex-banqueiro subvencionou a entidade contra a droga mentres dirixiu Caixanova. Unha reportaxe de eldiario.es
O Parlamento aproba cos votos do PP o teito de gasto dos Orzamentos da Xunta para 2018, que ascenderá a 9.487 millóns de euros, un 2,8% máis que este ano.
Extinguido o acordo para o plan de futuro de Ferroatlántica tras o 'non' da Xunta ás súas peticións na Costa da Morte. O veto do Goberno galego á súa intención de segregar as actividades e vender as fábricas bota abaixo o acordo cos sindicatos a nivel estatal.
Hoxe comezan na Coruña as Festas de María Pita. O pregón a cargo do ex-xogador de baloncesto Fernando Romay e o concerto de Xoel López, primeiras citas dunha xornada na que tamén comeza a Feira do Libro, entre outras actividades. Velaquí o programa das festas coruñesas.
A presidenta do Parlamento catalán advirte de que o Constitucional está a xulgar "intencións e non feitos" coa suspensión do novo Regulamento da Cámara para tentar evitar o referendo. Recólleo o diario Ara
A oficina anticorrupción interna do PP anunciada por Rajoy hai dous meses permanece inactiva. Cóntao eldiario.es
O Constitucional suspende por unanimidade a norma catalá para a desconexión 'exprés'. Ao alto tribunal abondoulle con media hora de reunión para decidir.
Julio Fernández Gayoso poderá saír do cárcere e colaborará na Fundación Érguete de axuda a persoas toxicómanas, segundo avanza El País. O ex presidente de Caixanova e de Novacaixagalicia estaba na cadea xunto aos outros ex-directivos dende xaneiro polo caso das indemnizacións millonarias, que Gayoso non cobrou pero autorizou.
O BNG da Coruña denuncia un "ataque vandálico" á súa sede. O mural que presidía a entrada foi tapado con pintura negra.