A oficina anticorrupción interna do PP anunciada por Rajoy hai dous meses permanece inactiva. Cóntao eldiario.es
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5980202669f88-rajoyatril.jpg)
A oficina anticorrupción interna do PP anunciada por Rajoy hai dous meses permanece inactiva. Cóntao eldiario.es
O Constitucional suspende por unanimidade a norma catalá para a desconexión 'exprés'. Ao alto tribunal abondoulle con media hora de reunión para decidir.
Julio Fernández Gayoso poderá saír do cárcere e colaborará na Fundación Érguete de axuda a persoas toxicómanas, segundo avanza El País. O ex presidente de Caixanova e de Novacaixagalicia estaba na cadea xunto aos outros ex-directivos dende xaneiro polo caso das indemnizacións millonarias, que Gayoso non cobrou pero autorizou.
O BNG da Coruña denuncia un "ataque vandálico" á súa sede. O mural que presidía a entrada foi tapado con pintura negra.
O ministro de Fomento reitera o seu "non" ao traspaso da AP-9 a Galicia porque xeraría "tensión política" no Estado. Vén de facelo xuntanza en Santiago co presidente da Xunta. Toda a información, hoxe en Praza.
O PP financiou ilegalmente a campaña das xerais do 2000, dirixida por Rajoy, segundo documentos que publica El Mundo.
A Policía Local de Lugo detén un mozo de 24 anos como presunto autor dunha agresión sexual e lesións a unha moza de 20. A agredida "foi agarrada fortemente polos brazos" e empurrada a un calexón, onde o agresor "tentou bicala" e "chegou a darlle a volta e aplastala contra a parede" ata que "chegaron tres mulleres que lle chamaron á atención", segundo informa o corpo policial lucense. O detido xa pasou a disposición xudicial.
Unha placa lembra a primeira galega licenciada en Medicina, Olimpia Valencia, no seu concello natal. Diversas autoridades encabezadas polo presidente do Parlamento participaron esta fin de semana na súa homenaxe en Baltar. Valencia foi "unha patriota galega , merecedora da nosa gratitude e do recoñecemento unánime da nosa sociedade", resaltou o presidente da Cámara, Miguel Santalices.
O Constitucional suspende hoxe a reforma do Regulamento do Parlamento de Catalunya para tentar frear o proceso soberanista. A modificación introduce o sistema de lectura única. O Executivo catalán subliña que seguirá adiante e reitera a necesidade dun "referendo pactado".
O escrutinio das eleccións á Asemblea Nacional Constituínte de Venezuela indica 8 millóns de votos a prol cunha participación un chisco superior ao 41%. Durante a xornada dos comicios, que a oposición ao chavismo non considerou "lexítimos", un candidato foi asasinado e foi estourada unha bomba ao paso dunha comitiva policial, entroutros sucesos violentos.