A Policía Local de Lugo detén un mozo de 24 anos como presunto autor dunha agresión sexual e lesións a unha moza de 20. A agredida "foi agarrada fortemente polos brazos" e empurrada a un calexón, onde o agresor "tentou bicala" e "chegou a darlle a volta e aplastala contra a parede" ata que "chegaron tres mulleres que lle chamaron á atención", segundo informa o corpo policial lucense. O detido xa pasou a disposición xudicial.
Fálase
Unha placa lembra a primeira galega licenciada en Medicina, Olimpia Valencia, no seu concello natal. Diversas autoridades encabezadas polo presidente do Parlamento participaron esta fin de semana na súa homenaxe en Baltar. Valencia foi "unha patriota galega , merecedora da nosa gratitude e do recoñecemento unánime da nosa sociedade", resaltou o presidente da Cámara, Miguel Santalices.
O Constitucional suspende hoxe a reforma do Regulamento do Parlamento de Catalunya para tentar frear o proceso soberanista. A modificación introduce o sistema de lectura única. O Executivo catalán subliña que seguirá adiante e reitera a necesidade dun "referendo pactado".
O escrutinio das eleccións á Asemblea Nacional Constituínte de Venezuela indica 8 millóns de votos a prol cunha participación un chisco superior ao 41%. Durante a xornada dos comicios, que a oposición ao chavismo non considerou "lexítimos", un candidato foi asasinado e foi estourada unha bomba ao paso dunha comitiva policial, entroutros sucesos violentos.
Os incendios queimaron unhas 350 hectáreas na provincia de Ourense na última semana, a maioría nos dous lumes de Monterrei que afectaron a 228 hectáreas. A superficie queimada ronda as 4.000 hectáreas en toda Galicia no que vai de ano. Esas sumas só inclúen os lumes de máis de 20 hectáreas, os únicos dos que informa a Xunta. (Foto: @BrifLaza)
A presidenta de Paradores suxire pórlle o nome de Manuel Fraga ao Parador de Vilalba. Ángeles Alarcó, que estivo casada con Rodrigo Rato, participou no 50 aniversario do establecemento.
Rajoy leva ao Constitucional o novo Regulamento do Parlament de Catalunya para tentar frear a lei de desconexión co Estado. "Non vai haber referendo porque é ilegal", reiterou o líder conservador na súa rolda de prensa de balance do curso político, na que evitou referirse á súa recente comparecencia como testemuña no xuízo do caso Gürtel.
Fomento abre o enlace da AP-9 en Sigüeiro tras meses de atrasos e a escasas horas da manifestación convocada para esixir a súa apertura. O Ministerio vén de anuncialo nun comunicado no que obvia a ralentización das obras durante ano e medio e o adiamento de varios meses dende que os traballos remataron.
O Parlamento recibe as nenas e nenos saharauís que pasan o verán en Galicia dentro do programa Vacacións en Paz que promove Solidariedade Galega co Pobo Saharauí coa colaboración de varias Administracións.
Eduardo Madina anuncia a súa dimisión como deputado do PSOE. Estivo sempre enfrontado a Pedró Sánchez, desde que lle disputara a secretaría xeral do PSOE en 2014.