A presidenta de Paradores suxire pórlle o nome de Manuel Fraga ao Parador de Vilalba. Ángeles Alarcó, que estivo casada con Rodrigo Rato, participou no 50 aniversario do establecemento.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/597c3e17a7263-vilalba.jpg)
A presidenta de Paradores suxire pórlle o nome de Manuel Fraga ao Parador de Vilalba. Ángeles Alarcó, que estivo casada con Rodrigo Rato, participou no 50 aniversario do establecemento.
Rajoy leva ao Constitucional o novo Regulamento do Parlament de Catalunya para tentar frear a lei de desconexión co Estado. "Non vai haber referendo porque é ilegal", reiterou o líder conservador na súa rolda de prensa de balance do curso político, na que evitou referirse á súa recente comparecencia como testemuña no xuízo do caso Gürtel.
Fomento abre o enlace da AP-9 en Sigüeiro tras meses de atrasos e a escasas horas da manifestación convocada para esixir a súa apertura. O Ministerio vén de anuncialo nun comunicado no que obvia a ralentización das obras durante ano e medio e o adiamento de varios meses dende que os traballos remataron.
O Parlamento recibe as nenas e nenos saharauís que pasan o verán en Galicia dentro do programa Vacacións en Paz que promove Solidariedade Galega co Pobo Saharauí coa colaboración de varias Administracións.
Eduardo Madina anuncia a súa dimisión como deputado do PSOE. Estivo sempre enfrontado a Pedró Sánchez, desde que lle disputara a secretaría xeral do PSOE en 2014.
Case medio cento de persoas feridas, 5 delas graves, nun accidente ferroviario na Estació de França de Barcelona, onde un tren bateu contra o tope do final das vías.
O Goberno de España redeseña a cúpula do Ministerio do Interior tras o escándalo da policía política. Cóntao eldiario.es
O alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes (PP), foi detido o pasado luns por presunta explotación de migrantes xunto á súa ex-dona e o seu fillo. Cóntao Faro de Vigo
Renfe e Adif viven hoxe xornada de folga ata as 23:00. A protesta convocada polo sindicato CGT oponse ás medidas de Fomento que cuestionan "a continuidade do ferrocarril como servizo público". Estes son os servizos mínimos que operarán.
Un fallo de seguridade deixa desprotexidos e abre o acceso a milleiros de arquivos de xulgados de todo o Estado. O sistema LexNet, dependente do Ministerio de Xustiza, é a plataforma que profesionais da avogacía e procuradores empregan para se comunicar co sistema xudicial e rexistraren todo tipo de documentación. Eldiario.es explica o acontecido (Imaxe: Ministerio de Xustiza)