O Goberno de España redeseña a cúpula do Ministerio do Interior tras o escándalo da policía política. Cóntao eldiario.es
Fálase
O alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes (PP), foi detido o pasado luns por presunta explotación de migrantes xunto á súa ex-dona e o seu fillo. Cóntao Faro de Vigo
Renfe e Adif viven hoxe xornada de folga ata as 23:00. A protesta convocada polo sindicato CGT oponse ás medidas de Fomento que cuestionan "a continuidade do ferrocarril como servizo público". Estes son os servizos mínimos que operarán.
Un fallo de seguridade deixa desprotexidos e abre o acceso a milleiros de arquivos de xulgados de todo o Estado. O sistema LexNet, dependente do Ministerio de Xustiza, é a plataforma que profesionais da avogacía e procuradores empregan para se comunicar co sistema xudicial e rexistraren todo tipo de documentación. Eldiario.es explica o acontecido (Imaxe: Ministerio de Xustiza)
O deputado Juan Díaz Villoslada confirma que concorrerá ás primarias á secretaría xeral do PSdeG. En declaracións á prensa en Santiago o parlamentario coruñés subliñou que proporá un proxecto "dende a esquerda, absolutamente galeguista" e en sintonía co "cambio" que propugna Pedro Sánchez, dixo.
A Xunta adxudica outras 11 concesións de autobuses ao abeiro do novo plan de transporte. Neste caso, a maioría son empresas ligadas ao grupo Monbus. Este luns a Consellería de Infraestruturas xa avanzara as primeiras 27. (preme no cadro para ampliar).
A multinacional catalá Europastry merca o 60% do grupo panadeiro galego Ingapán, que tiña a súa orixe nas panaderías lucenses Chousa e Don León e facturou o pasado ano 66 millóns de euros. A compañía vén de confirmalo nun comunicado.
VÍDEO | O PP equipara os "históricos" datos da EPA do segundo trimestre coa chegada do ser humano á Lúa ou o primeiro voo en avión da historia da humanidade. "Facemos historia", sinalan os conservadores.
O perito designado pola Xunta para o accidente de Angrois corrixe verbalmente no xulgado parte da súa avaliación pero insiste en que Adif analizou correctamente o risco na curva. Tras el comparecerá tamén este xoves o perito independente para ratificar igualmente a súa visión contraposta de que Adif incumpriu a normativa. Máis tarde está citado como imputado o ex-director de Seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte. A informaciónm ao longo do día en Praza.gal.
EPA | O paro descendeu no segundo trimestre en Galicia en 15.600 persoas ata quedar en 201.500, 21.400 menos que hai un ano, segundo a Enquisa de Poboación Activa que vén de ser facer pública. Neste período o emprego aumentou en 15.300 persoas ata 1,05 millóns, o que implica un aumento de 14.900 persoas a traballar con relación a hai doce meses. Máis información, esta mañá en Praza.