Un fallo de seguridade deixa desprotexidos e abre o acceso a milleiros de arquivos de xulgados de todo o Estado. O sistema LexNet, dependente do Ministerio de Xustiza, é a plataforma que profesionais da avogacía e procuradores empregan para se comunicar co sistema xudicial e rexistraren todo tipo de documentación. Eldiario.es explica o acontecido (Imaxe: Ministerio de Xustiza)
Fálase
O deputado Juan Díaz Villoslada confirma que concorrerá ás primarias á secretaría xeral do PSdeG. En declaracións á prensa en Santiago o parlamentario coruñés subliñou que proporá un proxecto "dende a esquerda, absolutamente galeguista" e en sintonía co "cambio" que propugna Pedro Sánchez, dixo.
A Xunta adxudica outras 11 concesións de autobuses ao abeiro do novo plan de transporte. Neste caso, a maioría son empresas ligadas ao grupo Monbus. Este luns a Consellería de Infraestruturas xa avanzara as primeiras 27. (preme no cadro para ampliar).
A multinacional catalá Europastry merca o 60% do grupo panadeiro galego Ingapán, que tiña a súa orixe nas panaderías lucenses Chousa e Don León e facturou o pasado ano 66 millóns de euros. A compañía vén de confirmalo nun comunicado.
VÍDEO | O PP equipara os "históricos" datos da EPA do segundo trimestre coa chegada do ser humano á Lúa ou o primeiro voo en avión da historia da humanidade. "Facemos historia", sinalan os conservadores.
O perito designado pola Xunta para o accidente de Angrois corrixe verbalmente no xulgado parte da súa avaliación pero insiste en que Adif analizou correctamente o risco na curva. Tras el comparecerá tamén este xoves o perito independente para ratificar igualmente a súa visión contraposta de que Adif incumpriu a normativa. Máis tarde está citado como imputado o ex-director de Seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte. A informaciónm ao longo do día en Praza.gal.
EPA | O paro descendeu no segundo trimestre en Galicia en 15.600 persoas ata quedar en 201.500, 21.400 menos que hai un ano, segundo a Enquisa de Poboación Activa que vén de ser facer pública. Neste período o emprego aumentou en 15.300 persoas ata 1,05 millóns, o que implica un aumento de 14.900 persoas a traballar con relación a hai doce meses. Máis información, esta mañá en Praza.
A Fiscalía pide 4 anos de cadea para a ex-alcaldesa de Betanzos, María Faraldo (PP), pola contratación irregular dun profesor. Faraldo dimitiu como deputada do PPdeG en 2014 tras ser procesada e Feijóo subliñou a súa "honra". En 2006, como secretaria de organización dos populares na Coruña, chamou formalmente a obstaculizar os trámites do Goberno bipartito para constituír as brigadas contra incendios.
O PP acumula catro versións sobre a súa ruptura de relacións coas empresas da trama Gürtel sobre as que compareceu Rajoy na Audiencia Nacional. Cóntao eldiario.es
A Xunta anuncia a adxudicación das primeiras 27 liñas do novo plan de autobuses, a maioría a unións temporais de empresas. A relación completa dos contratos, nesta ligazón. O Goberno galego prepara a adxudicación doutros 11 contratos para esta semana e a asignación directa de tres máis, todos na provincia de Ourense, por non concorreren "ofertas válidas".