A Fiscalía pide 4 anos de cadea para a ex-alcaldesa de Betanzos, María Faraldo (PP), pola contratación irregular dun profesor. Faraldo dimitiu como deputada do PPdeG en 2014 tras ser procesada e Feijóo subliñou a súa "honra". En 2006, como secretaria de organización dos populares na Coruña, chamou formalmente a obstaculizar os trámites do Goberno bipartito para constituír as brigadas contra incendios.
