O Ministerio de Defensa conmemora o 25 de xullo co berro cruzado de "Santiago y cierra España"
Fálase
O Concello de Santiago dedica as celebracións do Día Nacional de Galicia a Xoán Xesús González, o canteiro e xornalista que foi asasinado polos franquistas en 1936. O consistorio da capital galega emitiu un bando da Alcaldía para lembralo.
As vítimas do Alvia concéntranse arestora en Angrois en lembranza do accidente acontecido no serán do 24 de xullo de hai catro anos. Aquí, o máis destacado do acto.
Unha moza recibe entre 15 e 20 puñaladas en Santiago no que semella outro caso de violencia machista. A vítima está a ser atendida na unidade de críticos do Clínico compostelán, segundo informa Faro de Vigo.
VÍDEO | A manifestación das vítimas do Alvia chega á Praza do Obradoiro a reclamar "verdade, xustiza e reparación" no cuarto aniversario do accidente de Angrois. Aquí toda a información.
Comeza dende a estación de Santiago a mobilización das vítimas do Alvia no cuarto aniversario do accidente. A manifestación chegará ata a Praza do Obradoiro. Aquí toda a información.
Un incendio afectou este domingo á contorna de Vilamaior, en Verín. A Xunta non emitiu ningún parte de incendios dende o pasado venres. A pasada semana o Goberno galego ocultou varios incendios que revelaron bombeiros, axentes forestais e concellos. (Imaxe: Brif Laza)
As forzas políticas organizan xa hoxe actos ligados ao Día Nacional de Galicia. Galiza Nova, as mocidades do BNG, celebran hoxe a súa homenaxe a Castelao e Rosalía e participan xunto a outras organizacións nunha manifestación pola independencia. Anova desenvolve unha xornada sobre "república e ruptura" xunto a representantes de organizacións soberanistas vascas e catalás.
Nidia Arévalo deixa a portavocía do PP na Deputación de Pontevedra. O PSdeG ve constatado o seu "fracaso". Cóntao Faro de Vigo
'Psiconautas', do galego Alberto Vázquez, gaña o Premio Platino á mellor película de animación logo de triunfar nos Goya.