As mortes por caídas fortuítas duplican en Galicia ás rexistradas nas estradas. Nove de cada dez vítimas superan os 65 anos.
Fálase
Rajoy acode hoxe á Audiencia Nacional para cuestionar oito anos de investigación ao PP por corrupción. É a primeira declaración como testemuña dun presidente do Goberno central mentres está na Moncloa. A declaración ao vivo, nesta ligazón.
Permanece hospitalizada con prognóstico reservado a moza acoitelada pola súa ex-parella este luns en Santiago. O agresor xa foi detido, segundo informa a Policía e recolle Europa Press na súa web.
O Ministerio de Defensa conmemora o 25 de xullo co berro cruzado de "Santiago y cierra España"
O Concello de Santiago dedica as celebracións do Día Nacional de Galicia a Xoán Xesús González, o canteiro e xornalista que foi asasinado polos franquistas en 1936. O consistorio da capital galega emitiu un bando da Alcaldía para lembralo.
As vítimas do Alvia concéntranse arestora en Angrois en lembranza do accidente acontecido no serán do 24 de xullo de hai catro anos. Aquí, o máis destacado do acto.
Unha moza recibe entre 15 e 20 puñaladas en Santiago no que semella outro caso de violencia machista. A vítima está a ser atendida na unidade de críticos do Clínico compostelán, segundo informa Faro de Vigo.
VÍDEO | A manifestación das vítimas do Alvia chega á Praza do Obradoiro a reclamar "verdade, xustiza e reparación" no cuarto aniversario do accidente de Angrois. Aquí toda a información.
Comeza dende a estación de Santiago a mobilización das vítimas do Alvia no cuarto aniversario do accidente. A manifestación chegará ata a Praza do Obradoiro. Aquí toda a información.
Un incendio afectou este domingo á contorna de Vilamaior, en Verín. A Xunta non emitiu ningún parte de incendios dende o pasado venres. A pasada semana o Goberno galego ocultou varios incendios que revelaron bombeiros, axentes forestais e concellos. (Imaxe: Brif Laza)