El País publica unha reportaxe sobre a convivencia política en Rentería, localidade vasca na que o alcalde, de Bildu, está a apostar no seu mandato pola normalización política da localidade e o achegamento aos demais grupos políticos
El País publica unha reportaxe sobre a convivencia política en Rentería, localidade vasca na que o alcalde, de Bildu, está a apostar no seu mandato pola normalización política da localidade e o achegamento aos demais grupos políticos
O deputado e líder dos socialistas na Coruña, Francisco Caamaño, coida que Pilar Rojo pretende converter o Parlamento "nun plató da TVG" coas súas normas de acceso á Cámara
A Fiscalía pide un ano de cárcere para un militar que criticou a Casa Real pola súa actitude no caso Urdangarín. Cóntao El Diario.
Os principais diarios impresos levan hoxe ás súas portadas a publicación dos datos fiscais de Mariano Rajoy. En Galicia, La Voz publica unha enquisa segundo a cal ao PP o caso Bárcenas lle custaría a maioría absoluta no Parlamento galego.
El País revela que Facenda mantén paralizadas case 49 investigacións sobre o patrimonio de narcotraficantes
O CD Lugo perdeu ante o Sporting de Xixón no Anxo Carro, que estivo practicamente cheo
Carlos Negreira foi reelixido este mediodía presidente do PP na provincia da Coruña co 96,5% dos votos. A súa era a única candidatura do Congreso, que pechou Feijóo lanzando unha mensaxe de confianza cara a Mariano Rajoy.
Unha delegación do Parlamento Europeo analizará a calidade da auga e do aire das rías de Vigo, de Ferrol e da Coruña. O socialista Antolín Sánchez Presedo participará nos traballos, segundo vén de informar o PSdeG.
Mariano Rajoy vén de facer públicos os seus datos fiscais de 2003 a 2012. Anunciouno que o faría tras o estourido do caso Bárcenas. Pódense consultar nesta ligazón
O BNG entrégalle un manual de contratación ao concelleiro de obras de Santiago, Juan de la Fuente (PP), para "que se informe da lexislación vixente" e saiba que as contratacións das obras deben pasar pola Xunta de Goberno local.